Cervo, 9 de outubro de 2013. O vicepresidente da Deputación de Lugo e responsábel das Áreas de Benestar Social e Deporte, o nacionalista Antonio Veiga, participou este mércores na inauguración da residencia e centro ocupacional para persoas discapacitadas con enfermidade mental de Cervo. Esta infraestrutura tivo para a súa posta en funcionamento un investimento de 1.135.000 euros, dos que a Área de Benestar da Deputación aportou 300.000 euros a través dun convenio coa Asociación de Axuda ao Enfermo Mental da Mariña. Pola súa banda, a Consellería de Traballo e AGADER achegaron a restante cifra de diñeiro necesario para a construción da infraestrutura, 835.000 euros.
Con este novo espazo creado en Cervo veranse beneficiados, arredor de 75 usuarios permanentes, xa que o centro se atopa en funcionamento pero non está ao máximo rendemento con 10 usuarios que residen de momento, o que supón un paso de xigante para a comarca no que a cubrir as necesidades de persoas con discapacidade mental se refire. Ademais dos beneficios que vai ofrecer a estas persoas, coa construción desta residencia e centro ocupacional, vanse crear varios postos de emprego directo, o que supón un dato moi positivo para a Mariña e o seu crecemento económico.
Coa colaboración da Deputación na construción desta residencia, queda demostrado, unha vez máis, o compromiso da Área de Benestar coa atención e a integración das persoas, neste caso concreto coas persoas con algún tipo de discapacidade, “en contraposición aos recortes en materia social que está a facer a Xunta de Galiza, que están incidindo de xeito directo en abrir a fenda da exclusión xusto no seo dos colectivos que máis necesitan a axuda en tempos de crise, polo que é inhumano que a Xunta de Galiza utilice a crise como coartada para levar a cabo políticas que aumentan as desigualdades na sociedade”, sinalou Antonio Veiga.






















Estes recitais, protagonizados por músicos da contorna, nunca defraudan. Sen grandes nomes internacionais, pero cunha sensibilidade musical exquisita, ofrecen sempre unha experiencia artística de gran calidade. Por iso, quen asista gozará dunha nova xornada dentro do Programa Adral, que a Xunta de Cofradías promove con tanto entusiasmo.
O Concello destaca a oportunidade que supón para impulsar a hostalaría local e felicita ás persoas galardoadas pola súa contribución á gastronomía asturiana.
Este texto é o froito de varios anos de investigación e convida profesionais da educación, terapeutas e persoas curiosas a descubrir como o traballo coa arxila libera traumas e favorece unha transformación persoal profunda. Ao remate do acto servirase un viño e un pequeno petisco.
A continuación, as persoas que desexen continuar a conversa e compartir un tempo de convivencia poderán anotarse á comida que se celebrará na Casa da Penela.
Pasados dez minutos das 15 horas deste martes, un particular alertou ao 112 Galicia dun coche envorcado fóra da vía en San Martiño de Ferreiros, Pol. Aconteceu no quilómetro 3 da LU-750, e a única persoa implicada permanecía atrapada no interior. De inmediato, desde o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias activouse un operativo no que participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, os Bombeiros de Vilalba, a Garda Civil de Tráfico e os servizos de mantemento da estrada. Os bombeiros actuaron para liberar á persoa, que foi evacuada en ambulancia polos profesionais sanitarios desprazados ata o lugar.
Unha comedia orientada para público infantil escrita e dirixida por Bea Campos. Hora: 18h.
O investigador achegarase a Ribadeo para falar sobre Urraca, considerada por moitos a emperatriz de todos os galegos e galegas. A entidade xa coñece o bo facer de Picallo, pois en anteriores ocasións participou como ilustrador nas presentacións das novelas Ao sur da liberdade e Entre a vontade e o destino, de Xosé Henrique Costas, deixando unha excelente impresión. Nesta ocasión, o público poderá escoitar ao Picallo historiador, que achegará novos datos sobre o reino de Galiza, unha realidade histórica que durante anos permaneceu agochada e que hoxe se recupera grazas a publicacións e investigacións como a súa.



