Santiago, 31 de outubro de 2013.- O Consello da Xunta de Galicia aprobou este xoves o decreto de cambio de titularidade dun treito da estrada autonómica LU-540 (Viveiro-Cabreiros), a prol do Concello lucense de Ourol. Trátase dun tramo da antiga C-640 situado entre o punto quilométrico 10+310 ata o pq.11+850, onde entronca coa LU-P-3809, estrada pertencente á Deputación de Lugo, pola súa marxe esquerda. Ademais, solicítase terreo para unha zona de aparcamento no contorno do pq:11+190 da mesma estrada autonómica.
O Concello de Ourol, en maio deste ano, solicitou o cambio de titularidade do treito referido que actualmente é de titularidade autonómica. A Axencia Galega de Infraestruturas (AXI), de acordo co informe emitido polos servizos competentes, formulou a proposta favorable á transferencia de titularidade.
O expediente tramitouse ó abeiro dos artigos 5 e 54 da Lei de Estradas, que establece que os cambios de titularidade se aprobarán por Decreto da Xunta de Galicia, por proposta da Consellería competente en materia de estradas e logo do acordo entre as administracións afectadas.
Compromisos
O Concello lucense de Ourol deberá incorporar ao seu Plan de Estradas o vial ao que se refire este decreto, así como facerse cargo do seu mantemento. Ademais, correspóndelle ao municipio, a partir da formalización da entrega, todas as actividades de xestión, conservación e explotación do vial, así como o exercicio das funcións de disciplina viaria e calquera outra que puidese corresponderlle como nova Administración titular da estrada.
Cabe sinalar que para a execución das obras do aparcamento, calquera actuación realizada na zona de incidencia da estrada LU-540, como plantación de especies arbóreas, movemento de terras ou modificación da escorrenta, deberá ser autorizada previamente pola delegación da AXI de Lugo.
A entrega do treito formalizarase no prazo de dous meses seguintes á publicación do Decreto no Diario Oficial de Galicia (DOG), mediante a sinatura da acta de entrega.




















A alcaldesa de Lourenzá, Rocío López, explica que foi “un encontro para compartir, aprender e lembrar a importancia da prevención, a detección precoz e a investigación. E, como símbolo de apoio, un lazo rosa ilumina a fachada da Casa do Concello e os donativos recollidos destinaranse integramente á AECC”.
Ribagorda visitou Ribadeo acompañado polo director xeral de Comercio, Gabriel Alén, nun percorrido polas principais rúas comerciais da vila, xunto ao xerente de ACISA, Jesús Pérez, e a concelleira de Comercio, Marta Saiz. Na Pontenova, o presidente da Asociación de Comerciantes, José Luis Balseiro, reuniuse tamén con Alén e Ribagorda. A campaña “De compras pola Mariña”, promovida pola FCAM e financiada por Comercio Galego e a Xunta de Galicia, difundirá varios vídeos nas redes sociais e na plataforma De las cosas del comer. Ribagorda percorreu estes días Foz, Lourenzá, Viveiro, Burela, Ribadeo e A Pontenova, achegándose ao comercio local e ao patrimonio natural e cultural da comarca.
O encontro principal terá lugar no comedor da carta o mércores 28 de outubro, ás 14:30 h. Ese mesmo día, ás 09:00 h, Jesús Manuel Blanco García, presidente da asociación micolóxica Os Bolouros, ofrecerá unha charla introdutoria para abrir a xornada.
Recoñecéronse as ganderías con máis participación na baixada tradicional e na feira, así como os mellores exemplares das distintas razas e categorías equinas. García destacou o valor das San Lucas como espazo de recoñecemento ao gando cabalar e ao labor dos gandeiros, fundamental para o coidado dos montes e a preservación das paisaxes tradicionais. A xornada incluíu unha homenaxe a Luciano García, falecido en xullo, impulsor da baixada dos cabalos e fundador de Puraga.
Tras unha parada nas Pontes para contemplar o lago e lembrar o pasado industrial da zona, o grupo visitou Pontedeume, onde repasou a historia da liñaxe dos Andrade e percorreu unha vila chea de patrimonio e vitalidade. Pola tarde, no mosteiro de Sobrado dos Monxes, os participantes apreciaron o legado da orde do Císter e do barroco galego, e escoitaron parte dunha mostra de música coral. A entidade agradeceu as explicacións de Enrique Campos, secretario da ACFL, así como as achegas de Celia Castro sobre arquitectura medieval e a vida cisterciense.
A conselleira do Medio Rural acompañada polo director de Turismo de Galicia, Xosé Merelles, asistiu este sábado á feira e festas das San Lucas.
A mostra inaugúrase o luns 19 de outubro ás 12.00 horas na Casa da Cultura, onde permanecerá aberta ao público ata o 19 de novembro. A iniciativa, promovida polo Concello, ofrece unha selección de obras nas que o artista explora a cor, a luz e a expresión contemporánea, consolidando a súa traxectoria dentro deste movemento artístico.



