A representante do Executivo galego e o rexedor vicedense revisaron a área, de arredor de 500 metros cadrados, na que está prevista unha actuación que facilitará a adecuación deste punto de encontro comercial aberto mediante un investimento de preto de 100.000 euros (98.812 euros).
Arias considerou que o proxecto, que será financiado na súa meirande parte pola Xunta de Galicia, a través da Consellería de Economía e Industria, representa “unha oportunidade para impulsar o comercio na localidade e axudar a vertebrar as actividades que se desenvolvan no núcleo urbano en torno a un novo eixe, situado nunha parcela contigua á casa consistorial do Vicedo”. En total, o departamento autonómico realizará unha achega de 74.109,09 euros para esta mellora, o que supón o 75% do total da actuación.
O proxecto, de carácter interprovincial, por canto foi presentado mediante a opción de agrupación de concellos entre O Vicedo e o municipio coruñés de Mañón, suporá a pavimentación mediante formigonado da parcela, na que se instalará alumeado público e rede de sumidoiros e recollida de pluviais.
Así mesmo, disporase mobiliario urbano e a procederase á plantación de árbores. A zona de acceso a esta área será mellorada e, para reforzar a seguridade, instalarase tamén un novo paso de peóns, sinalizacións luminosas e paneis de indicacións comerciais.
Coa creación deste novo punto de encontro comercial, o concello do Vicedo, en colaboración co de Mañón, pretende dispor dunhas instalacións multiusos, que entre outros servizos, servirá para poder levar a cabo xornadas gastronómicas con produtos da zona, feiras de artesanía nos que se vendan produtos que aínda se elaboran no entorno, concursos e festas para favorecer o desenvolvemento da actividade mercantil na contorna.
Raquel Arias significou que a Dirección Xeral de Comercio, que é o departamento que directamente se encarga de xestionar estas axudas, persegue con estas colaboracións o obxectivo de “crear entornos comerciais atractivos” que se convertan en polos de atracción para veciños e visitantes, sobre o convencemento de que o comercio “contribúe en gran medida á dinamización dunha localidade”.





















Estes recitais, protagonizados por músicos da contorna, nunca defraudan. Sen grandes nomes internacionais, pero cunha sensibilidade musical exquisita, ofrecen sempre unha experiencia artística de gran calidade. Por iso, quen asista gozará dunha nova xornada dentro do Programa Adral, que a Xunta de Cofradías promove con tanto entusiasmo.
O Concello destaca a oportunidade que supón para impulsar a hostalaría local e felicita ás persoas galardoadas pola súa contribución á gastronomía asturiana.
Este texto é o froito de varios anos de investigación e convida profesionais da educación, terapeutas e persoas curiosas a descubrir como o traballo coa arxila libera traumas e favorece unha transformación persoal profunda. Ao remate do acto servirase un viño e un pequeno petisco.
A continuación, as persoas que desexen continuar a conversa e compartir un tempo de convivencia poderán anotarse á comida que se celebrará na Casa da Penela.
Pasados dez minutos das 15 horas deste martes, un particular alertou ao 112 Galicia dun coche envorcado fóra da vía en San Martiño de Ferreiros, Pol. Aconteceu no quilómetro 3 da LU-750, e a única persoa implicada permanecía atrapada no interior. De inmediato, desde o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias activouse un operativo no que participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, os Bombeiros de Vilalba, a Garda Civil de Tráfico e os servizos de mantemento da estrada. Os bombeiros actuaron para liberar á persoa, que foi evacuada en ambulancia polos profesionais sanitarios desprazados ata o lugar.
Unha comedia orientada para público infantil escrita e dirixida por Bea Campos. Hora: 18h.
O investigador achegarase a Ribadeo para falar sobre Urraca, considerada por moitos a emperatriz de todos os galegos e galegas. A entidade xa coñece o bo facer de Picallo, pois en anteriores ocasións participou como ilustrador nas presentacións das novelas Ao sur da liberdade e Entre a vontade e o destino, de Xosé Henrique Costas, deixando unha excelente impresión. Nesta ocasión, o público poderá escoitar ao Picallo historiador, que achegará novos datos sobre o reino de Galiza, unha realidade histórica que durante anos permaneceu agochada e que hoxe se recupera grazas a publicacións e investigacións como a súa.



