Ribadeo, 9 de outubro de 2013. As escolas deportivas municipais de Ribadeo baten récords de participantes nesta edición, con 485 inscritos, que son 50 máis dos que houbera no curso pasado. Destacouno este mércores o alcalde, Fernando Suárez, quen gabou a colaboración dos clubs locais.
“Temos que celebrar dende o Concello de Ribadeo, e singularmente dende a área que dirixe o meu compañeiro Vicente Castro, o ben que está indo a nova edición das escolas deportivas municipais, con máis rapaces e rapazas que nunca, batendo un novo récord. Hai preto de 500 nenos e nenas, concretamente 485, o que supón un incremento en 50 con respecto ao número de participantes que houbera na pasada edición nalgunha das múltiples modalidades de deporte base a través das escolas deportivas municipais: atletismo, baile deportivo, fútbol, baloncesto, karate, natación, tenis, … Unha serie de especialidades que, grazas á colaboración activa de clubs locais, estamos facendo de Ribadeo un lugar envexable para todos os rapaces e rapazas do noso concello que queiran. Nun porcentaxe altísimo están especialidades, algunhas con longa traxectoria, como fútbol ou baloncesto, e outras de máis recente incorporación, como tenis de mesa, pádel, ximnasia rítmica ou patinaxe, pero que cada ano teñen máis incorporacións”, explicou o rexedor municipal.
Fernando Suárez engadiu que “énchenos de orgullo que moitos rapaces repiten de anos anteriores, pero tamén este ano se incrementa o número de nenas, para lograr a igualdade absoluta en todo, que é o que estamos impulsando dende o Concello de Ribadeo e singularmente dende á área de Deportes”.
O alcalde ribadense rematou anunciando que “ao longo de toda esta tempada escolar seguiremos actuando a través dos centros educativos con toda a potencia que o momento actual e os recursos económicos permiten; pero temos ganas de sacar cousas adiante e de seguir traballando polo deporte base, que é o que vale e non o que se fai a golpe de talonario, que logo xa se ven como esas cousas acaban en nada. É mellor promover o deporte base para que os nenos e nenas teñan alternativas e para que parte do seu tempo libre o ocupen nestas afeccións deportivas cheas de saúde, de compañeirismo e de relacións sociais positivas”.
Durante o presente curso impártense 12 modalidades nas escolas deportivas municipais de Ribadeo: fútbol, fútbol-sala, patinaxe, natación, tenis, baloncesto, ximnasia rítmica, padel, karate, atletismo, tenis de mesa e baile deportivo.
O Concello de Ribadeo recibiu hai un ano o premio Galicia á xestión deportiva 2012 que lle concedeu a Asociación Galega de Xestores Deportivos.






















Estes recitais, protagonizados por músicos da contorna, nunca defraudan. Sen grandes nomes internacionais, pero cunha sensibilidade musical exquisita, ofrecen sempre unha experiencia artística de gran calidade. Por iso, quen asista gozará dunha nova xornada dentro do Programa Adral, que a Xunta de Cofradías promove con tanto entusiasmo.
O Concello destaca a oportunidade que supón para impulsar a hostalaría local e felicita ás persoas galardoadas pola súa contribución á gastronomía asturiana.
Este texto é o froito de varios anos de investigación e convida profesionais da educación, terapeutas e persoas curiosas a descubrir como o traballo coa arxila libera traumas e favorece unha transformación persoal profunda. Ao remate do acto servirase un viño e un pequeno petisco.
A continuación, as persoas que desexen continuar a conversa e compartir un tempo de convivencia poderán anotarse á comida que se celebrará na Casa da Penela.
Pasados dez minutos das 15 horas deste martes, un particular alertou ao 112 Galicia dun coche envorcado fóra da vía en San Martiño de Ferreiros, Pol. Aconteceu no quilómetro 3 da LU-750, e a única persoa implicada permanecía atrapada no interior. De inmediato, desde o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias activouse un operativo no que participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, os Bombeiros de Vilalba, a Garda Civil de Tráfico e os servizos de mantemento da estrada. Os bombeiros actuaron para liberar á persoa, que foi evacuada en ambulancia polos profesionais sanitarios desprazados ata o lugar.
Unha comedia orientada para público infantil escrita e dirixida por Bea Campos. Hora: 18h.
O investigador achegarase a Ribadeo para falar sobre Urraca, considerada por moitos a emperatriz de todos os galegos e galegas. A entidade xa coñece o bo facer de Picallo, pois en anteriores ocasións participou como ilustrador nas presentacións das novelas Ao sur da liberdade e Entre a vontade e o destino, de Xosé Henrique Costas, deixando unha excelente impresión. Nesta ocasión, o público poderá escoitar ao Picallo historiador, que achegará novos datos sobre o reino de Galiza, unha realidade histórica que durante anos permaneceu agochada e que hoxe se recupera grazas a publicacións e investigacións como a súa.



