Ribadeo, 3 de outubro de 2013. As xornadas de limpeza voluntaria nos ríos de Ribadeo chegan tamén aos centros de ensino da vila. Medio centro de alumnos e alumnas do Sagrado Corazón acudirán mañá, 4 de outubro, ao río de Rinlo, segundo anunciaba este mediodía o concelleiro de Medio Ambiente, Horacio Cupeiro.
O edil nacionalista explicou que “iremos cun grupo de 44 nenos e nenas do colexio Sagrado Corazón ao río de Rinlo. Alí lles explicaremos que parte das cousas que aparecen no río van parar á ribeira e despois todos os efectos que eses residuos poden causar no noso entorno natural”. Os rapaces que participarán nesta actividade mañá son os de 3º de primaria e 4º de ESO en horario de 9:40 a 13 horas.
O luns, 7 de outubro, serán os alumnos e alumnas do Gregorio Sanz os que acudan a esta xornada. Serán 50 de 5º de primaria de 10 a 13:45 “e faremos a continuación da ponte de Arante, polo río Grande. Iremos facendo todo ese río cos rapaces dos colexios de Ribadeo”, sinalou Horacio Cupeiro. Xa o 8 de outubro acudirán outros 53 participantes do Sagrado Corazón de 6º de primaria e o mércores, 9 de outubro, serán 53 os rapaces e rapazas de 2º de ESO do IES de Ribadeo os que acudan a esta actividade que organizan as Concellarías de Medio Ambiente e Mocidade.
O concelleiro de Medio Ambiente subliñou que “a xestión dos residuos que sacamos serán tratados axeitadamente por empresas autorizadas. A continuación da recollida no río facemos unha selección no punto limpo para mandar cada residuo ao seu sitio”.
Ademais Horacio Cupeiro lembrou que “desde o Concello organizamos unha nova xornada de limpeza de ríos con voluntarios. Neste caso será no río de Arante entre o muíño e a Ponte de Arante. Os que queiran colaborar poden achegarse á estación de autobuses á nova da mañá e os que queiran desprazarse polos seus medios deberán estar na Ponte ás nove e media da mañá deste sábado, 5 de outubro”. O edil ribadense pide “a colaboración da cidadanía en aras de conseguir un medio ambiente sostible do que se poidan sentir orgullosos os nosos herdeiros”.
A primeira destas xornadas con adultos tivo lugar o pasado 28 de setembro e continuará os días 12 e 19 de outubro.





















Durante esas xornadas realizaranse estudos xeotécnicos imprescindibles para planificar correctamente as actuacións previstas, o que require que a maquinaria e o persoal traballen directamente sobre a infraestrutura, impedindo o paso de vehículos. Recoméndase ás persoas usuarias empregar rutas alternativas durante o corte, que só permitirá o acceso ás dúas vivendas situadas na Barxa. O Concello pide desculpas polas molestias e agradece a colaboración da veciñanza.
Afirman que os accesos ao Campo da Festa resultan moi dificultosos, especialmente para persoas con carriños de nenos ou cadeiras de rodas. Critican que a obra se trasladase a esta zona xusto antes das festas, deixando outros tramos a medio facer e sen ter en conta as necesidades dun barrio que consideran “marxinado”. Sinalan tamén á alcaldesa como responsable de evitar esta situación. A veciñanza esixe un arranxo inmediato do acceso, aínda que sexa provisional, e a instalación dunha sinal luminosa na alambrada situada ao final da obra.
A actividade, dirixida pola especialista Nuria Torrado, ofreceu ás crianzas un espazo para desfrutar, moverse, xogar e aprender a conectar co seu corpo e coa respiración mediante exercicios e dinámicas adaptadas ás súas idades. No último día, a rexedora Dolores García Caramés achegouse para compartir un anaco cos participantes, escoitar as súas impresións e agradecer o traballo da monitora, incluso sumándose a algunhas das actividades. A proposta pecha cun moi bo sabor de boca, como unha experiencia para aprender, divertirse e medrar en movemento.
Ao longo destas semanas, arredor de 20 nenos e nenas iniciáronse e melloraron as súas habilidades neste deporte, desfrutando do exercicio, aprendendo e pasándoo en grande. O Concello agradece a participación da rapazada e o apoio das familias, e reafirma a súa aposta polo deporte e por ofrecer alternativas de ocio activo para os máis pequenos. A actividade estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil.
A actuación estará a cargo da Coral Polifónica de Ribadeo coa colaboración do Coro Sagrado Corazón. A entrada solidaria ten un prezo de 6 euros e poderá adquirirse na billeteira do teatro o mesmo día, en horario de 12:00 a 13:30 e desde as 19:00 horas. O evento conta coa colaboración da AECC Lugo, o Concello de Ribadeo e o espazo cultural Castillo San Damian.
Trátase dun espazo seguro, educativo e dinámico, no que os máis pequenos poden comezar o día antes da entrada ás aulas. As solicitudes poden presentarse no Concello de Cervo ou na Casa da Cultura, e o servizo comezará o 9 de setembro. Cervo Madruga, un programa pensado para seguir apoiando ás familias do municipio.
Unha xornada de convivencia que comezará ás 11:30 h na Alameda, con misa de campaña, sesión vermú, comida, sorteo e festa ata as 19:00 h. A principal novidade é o menú con paella, sobremesa, bebida e café. Para participar é preciso vale: 7 € para persoas empadroadas e 10 € para non empadroadas e acompañantes, dispoñible nas oficinas municipais, onde tamén se pode solicitar transporte. Senllos concellos animan á veciñanza maior a sumarse a esta cita de encontro e recoñecemento.



