Esta fin de semana a hostalería de Burela celebra as xornadas gastronómicas “Ponte de Merluza en Burela”, na que participan 20 locais ofrecendo diferentes minirracións elaboradas ó precio de 2 euros. As xornadas terán lugar nos diferentes locais hostaleiros de Burela asociados á campaña entre o venres 1 e o domingo 3 de novembro.
A Asociación de Comerciantes e Empresarios de Burela organiza esta segunda edición da campaña “Ponte de Peixe en Burela”, que inclúe tres xornadas gastronómicas nas diferentes pontes festivas dos últimos meses do ano: outubro (bonito), novembro (pescada) e decembro (polbo).
En cada unha delas sortéase unha cesta de peixe variado doada por ABSA e valorada en 500 euros entre tódalas persoas que participen na campaña. Para iso cada persoa debe selar a súa tarxeta de participación en catro locais das diferentes zonas nas que se divide o mapa de Burela.