Santiago, 16 de outubro de 2013.- Os deputados do Grupo Parlamentario Popular, Jose Manuel Balseiro e Vidal Martínez-Sierra, veñen de amosar a súa satisfacción despois de que a Xunta acordase someter a información pública a autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución do parque eólico de Airas, entre os concellos de Mondoñedo e Alfoz.
CARACTERÍSTICAS TÉCNICAS
Os parlamentarios sinalan que esta actuación dispón dun orzamento de 26.225.394,10 euros que se investirán nesta localidade co obxectivo de xerar unha produción neta estimada de 73.102 MWh cada ano.
Desde o punto de vista técnico o futuro parque disporá de seis aeroxeradores con 65 m de altura da buxa e 58 m de diámetro de rotor, seis centros de transformación, unha torre meteorolóxica equipada con anemómetros, viraventos, sensores de temperatura, humidade, presión e rexistrador de datos, e implicará a instalación de liñas eléctricas subterráneas, unha subestación transformadora 20/132 kV e novos camiños ou vías para o acceso aos aeroxeradores. As instalacións do parque eólico Airas tamén incluirán un edificio de control de 140 m2 en planta baixa, no cal se situarán, entre outros, as celas de liña, de protección e de medida
UN SÓ TRÁMITE
Nun só trámite o Goberno galego somete a información pública o proxecto de execución das instalación descritas para os efectos da súa autorización administrativa, aprobación e declaración de incidencia supramunicipal, o estudo de impacto ambiental e a relación de propietarios dos predios e demais titulares de bens e dereitos afectados pola súa execución.
CANON EÓLICO
Os parlamentarios sinalan finalmente que, ao investimento de 26 millóns de euros hai que sumar o feito de que, unha vez posto en marcha, posibilitará a recadación estimada de máis de 73.125 euros anuais en concepto de canon eólico, o que repercute directamente no conxunto dos veciños dos concellos de Alfoz e Mondoñedo.
Os parlamentarios lembran que precisamente no día de onte o Presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo sinalou a importancia que para Galicia teñen as enerxías renovables, tanto desde o punto de vista da posibilidade real real de crecemento económico e xeración de novas oportunidades de emprego, pero tamén como aposta por amosar unha Galicia comprometida dun xeito respectuoso co seu patrimonio natural.
Desde esa dobre perspectiva, o titular do Goberno galego anunciou que a Xunta vai reforzar o desenvolvemento das enerxías renovables con rebaixas de impostos e bonificacións tanto no ámbito eólico como no da biomasa.



















A obra premiada aborda a emigración galega desde unha voz feminina, e o pregón destacou o traballo colectivo e a transmisión entre xeracións dentro da Banda. Con este acto, o Concello dá inicio a unha programación festiva que nos próximos días combinará tradición, cultura, deporte e música para todos os públicos.
Durante esas xornadas realizaranse estudos xeotécnicos imprescindibles para planificar correctamente as actuacións previstas, o que require que a maquinaria e o persoal traballen directamente sobre a infraestrutura, impedindo o paso de vehículos. Recoméndase ás persoas usuarias empregar rutas alternativas durante o corte, que só permitirá o acceso ás dúas vivendas situadas na Barxa. O Concello pide desculpas polas molestias e agradece a colaboración da veciñanza.
Afirman que os accesos ao Campo da Festa resultan moi dificultosos, especialmente para persoas con carriños de nenos ou cadeiras de rodas. Critican que a obra se trasladase a esta zona xusto antes das festas, deixando outros tramos a medio facer e sen ter en conta as necesidades dun barrio que consideran “marxinado”. Sinalan tamén á alcaldesa como responsable de evitar esta situación. A veciñanza esixe un arranxo inmediato do acceso, aínda que sexa provisional, e a instalación dunha sinal luminosa na alambrada situada ao final da obra.
A actividade, dirixida pola especialista Nuria Torrado, ofreceu ás crianzas un espazo para desfrutar, moverse, xogar e aprender a conectar co seu corpo e coa respiración mediante exercicios e dinámicas adaptadas ás súas idades. No último día, a rexedora Dolores García Caramés achegouse para compartir un anaco cos participantes, escoitar as súas impresións e agradecer o traballo da monitora, incluso sumándose a algunhas das actividades. A proposta pecha cun moi bo sabor de boca, como unha experiencia para aprender, divertirse e medrar en movemento.
Ao longo destas semanas, arredor de 20 nenos e nenas iniciáronse e melloraron as súas habilidades neste deporte, desfrutando do exercicio, aprendendo e pasándoo en grande. O Concello agradece a participación da rapazada e o apoio das familias, e reafirma a súa aposta polo deporte e por ofrecer alternativas de ocio activo para os máis pequenos. A actividade estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil.
A actuación estará a cargo da Coral Polifónica de Ribadeo coa colaboración do Coro Sagrado Corazón. A entrada solidaria ten un prezo de 6 euros e poderá adquirirse na billeteira do teatro o mesmo día, en horario de 12:00 a 13:30 e desde as 19:00 horas. O evento conta coa colaboración da AECC Lugo, o Concello de Ribadeo e o espazo cultural Castillo San Damian.
Unha xornada de convivencia que comezará ás 11:30 h na Alameda, con misa de campaña, sesión vermú, comida, sorteo e festa ata as 19:00 h. A principal novidade é o menú con paella, sobremesa, bebida e café. Para participar é preciso vale: 7 € para persoas empadroadas e 10 € para non empadroadas e acompañantes, dispoñible nas oficinas municipais, onde tamén se pode solicitar transporte. Senllos concellos animan á veciñanza maior a sumarse a esta cita de encontro e recoñecemento.



