Julio Peinó.- A vida deixou en min sinais de momentos que aló quedaron: Rabuñaduras, queimaduras, engurras de expresión, marcas do tempo, cicatrices de portas que non se abriron ao meu paso e bicos enquistados onde a barba medra máis frondosa. Cada marca unha historia que é parte miña á que non podo renunciar.
Na cidade os bicos son outros e as poutadas tamén. A cidade medra ao redor das súas marcas que mudan, acentúan e transforman a realidade mentres a cidade está viva. Cada xeración, cada fito deixa unha pegada sobre a anterior no rebulir lento da transformación urbana. Un edificio unha praza, unha corredoira, un pequeno muro que foi o lugar de nacemento sagrado que é gravado e respectado na memoria colectiva que o recoñece como tal.
O destino quixo que na Coruña ese muro saíra á luz alí onde antes había un areal, onde os primeiros coruñeses xa facían ‘rente ao mar ese camiño’ e despois muralla; onde houbo estaleiros, peiraos e refuxio de mariñeiros; onde había penas contra as que rompía o mar dándolle etimoloxía á cidade. Alí escavadoras e dinamita liberaron outros centos de bicos enquistados da memoria herculina: O Parrote.
A casualidade quixo tamén que o afloramento ocorrera baixo a bandeira dese progreso que trae aparcadoiros subterráneos, explanadas e falsos túneles que levan por diante castelos como o de Fontán para chegar antes sen saber moi ben para que pero borrando para sempre de onde vés.
Así, un ás veces imaxina se a catástrofe da Cidade da Cultura puido ser peor, discorre cal pode ser o nivel máximo de torpeza histórica que unha sociedade pode acadar: As xeracións do monte Gaiás sálvanse polo feito de non ter proxectado o invento no medio da Praza do Obradoiro deixando a obra de Fernando de Casas Novoa detrás dunha porta antilume RF-90 dentro do recinto de mantemento.
Eu temo polo novo récord que imos bater. Non nos chega con erguer torres de alta tensión sobre o Castro de Elviña, non. Temos que soterrar a memoria de novo. Agochar o lugar de nacemento dunha cidade no soto dun aparcadoiro ao lado doutro túnel baixo unha nova explanada. Nada novo nunha sociedade disposta a deixar tamén baixo terra a outra memoria, a histórica.
Só queda aprendermos a explicar diante de fillos e de netos que non fomos quen de facelo mellor, que a nosa contribución á cidade do século XXI foi agochar o noso pasado baixo unha lápida, que a nosa marca na historia será deixar para a posteridade unha explanada. Outra.
Julio Peinó Álvarez



















Estes recitais, protagonizados por músicos da contorna, nunca defraudan. Sen grandes nomes internacionais, pero cunha sensibilidade musical exquisita, ofrecen sempre unha experiencia artística de gran calidade. Por iso, quen asista gozará dunha nova xornada dentro do Programa Adral, que a Xunta de Cofradías promove con tanto entusiasmo.
O Concello destaca a oportunidade que supón para impulsar a hostalaría local e felicita ás persoas galardoadas pola súa contribución á gastronomía asturiana.
Este texto é o froito de varios anos de investigación e convida profesionais da educación, terapeutas e persoas curiosas a descubrir como o traballo coa arxila libera traumas e favorece unha transformación persoal profunda. Ao remate do acto servirase un viño e un pequeno petisco.
A continuación, as persoas que desexen continuar a conversa e compartir un tempo de convivencia poderán anotarse á comida que se celebrará na Casa da Penela.
Pasados dez minutos das 15 horas deste martes, un particular alertou ao 112 Galicia dun coche envorcado fóra da vía en San Martiño de Ferreiros, Pol. Aconteceu no quilómetro 3 da LU-750, e a única persoa implicada permanecía atrapada no interior. De inmediato, desde o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias activouse un operativo no que participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, os Bombeiros de Vilalba, a Garda Civil de Tráfico e os servizos de mantemento da estrada. Os bombeiros actuaron para liberar á persoa, que foi evacuada en ambulancia polos profesionais sanitarios desprazados ata o lugar.
Unha comedia orientada para público infantil escrita e dirixida por Bea Campos. Hora: 18h.
O investigador achegarase a Ribadeo para falar sobre Urraca, considerada por moitos a emperatriz de todos os galegos e galegas. A entidade xa coñece o bo facer de Picallo, pois en anteriores ocasións participou como ilustrador nas presentacións das novelas Ao sur da liberdade e Entre a vontade e o destino, de Xosé Henrique Costas, deixando unha excelente impresión. Nesta ocasión, o público poderá escoitar ao Picallo historiador, que achegará novos datos sobre o reino de Galiza, unha realidade histórica que durante anos permaneceu agochada e que hoxe se recupera grazas a publicacións e investigacións como a súa.



