Barreiros, 19 de outubro de 2013. Este sábado presentouse nas Escolas de Celeiro de Mariñaos a Universidade Rural de Barreiros, un proxecto creado polo colectivo cultural barreirense Ollomao, que pretende achegar o coñecemento ao rural, apostando polo propio, pois o rural é sempre tamén o centro do coñecemento. A Universidade Rural de Barreiros botará a andar o vindeiro 28 de outubro e comezará cunha semana de portas abertas onde, de xeito libre, todas as persoas poderán achegarse e se queren, nun futuro, formalizar a súa matrícula. Na presentación participaron o vicepresidente da Deputación, o nacionalista Antonio Veiga; e a presidenta do colectivo cultural Ollomao, Tamara Rubiños, maila súa vogal, Sandra Novo.
Para o vicepresidente da Deputación, o nacionalista Antonio Veiga, “esta Universidade Rural nace, como non podía ser doutro xeito, nun sitio pequeno, onde acostuman a ter orixe sempre as grandes cousas e os grandes proxectos” e valorou positivamente tamén “que sexa un colectivo de base o promotor e xestor desta idea, xa que iso dá boa medida de que o asociacionismo está vivo, e que o rural non se rende e resiste, a pesar dos ataques que día a día está a sufrir”. Veiga afirmou tamén que “estas propostas merecen o respaldo da Área de Cultura da Vicepresidencia 1ª da Deputación, pois son as que poden contribuír á mellora da vida no rural, e sobre cando xorden das persoas e colectivos alí radicados, como é neste caso”.
“A diferenza doutros gobernos e doutras institucións que non teñen o mais mínimo respecto polas persoas que viven afastadas das cidades, aplicándolles brutais recortes nos seus dereitos e servizos, nós apostamos polo propio, polo noso, e poñemos todos os recursos posibles á disposición dos e das que seguen traballando nese medio” afirmou Antonio Veiga, que exemplificou estas afirmacións recordando como o goberno de Feijoo eliminou importantes servizos coma “Preescolar na Casa” ou o acontecido tamén co SAF, onde a Xunta se desentendeu totalmente do mesmo, ou o servizo de Teleasistencia Domiciliaria no que o goberno de Rajoy reduciu a súa aportación a 0 euros.
Tal e como explicou a presidenta do colectivo Ollomao, “a Universidade Rural é unha oferta educativa formativa e cultural alternativa dirixida ao medio rural, inexistente até agora neste espazo. O programa divídese en 5 “sementes” ou áreas de coñecementos (que se poderían comparar cos graos das universidades regradas): Ciencias Sociais, Enxeñería do Medio Rural, Ciencias da Saúde, Comunicación e Opinión Pública, e Produción Artística e Publicidade”.
O espazo físico onde se van desenvolver estas iniciativas son as escolas rurais, agora sen actividade lectiva. En Barreiros son 13 as escolas rurais existentes coas que tamén se pretende encher de vida a través da posta en marcha da Universidade Rural. É un proxecto que a pesar de ter nesta primeira andaina un obxectivo a nivel local, ten vocación tamén de poder estenderse a mais localidades e comarcas.
Tamara Rubiños destacou que “o funcionamento da Universidade Rural de Barreiros céntrase en permitir que todas as persoas poidan adquirir formación práctica para o desenvolvemento da súa vida, sexa cal sexa o seu nivel de estudos e a súa idade, e non vai dirixida a acadar unha titulación. Por iso aproveitamos as potencialidades das persoas veciñas de Barreiros, e doutras localidades do arredor, que acadaron un nivel de ensino superior e/ou universitario e dispoñen de capacidade académica suficiente para poder transmitir os seus coñecementos a aquelas persoas non formadas nos mesmos”. Todas as persoas que desexen asistir poderán inscribirse contactando co Colectivo Cultural Ollomao tanto no correo-e (colectivo.cultural.ollomao@gmail.com) como por teléfono no 650542932. As opcións de matriculación van dende asistir a unha única semente (15€ en total) ata asistir ás cinco (50€ en total). As opción intermedias serían: 2 sementes, 25€; 3 sementes, 35€, e 4 sementes, 45€; a combinar como cada persoa desexe.
























Tamén puxo en valor o labor de Fonmiñá e a importancia dunha cita cultural que cumpre 48 edicións. Para Vilalba, a incorporación da actriz ao Paseo do Cine é un recoñecemento que a vila sente como propio.
A actividade permitiu aos nenos e nenas gozar dun espectáculo de maxia pensado para transmitir, dun xeito ameno e divertido, valores relacionados coa igualdade, o respecto, a convivencia e a eliminación de estereotipos. Con iniciativas como “Abrazando a igualdade”, o Concello de Xove continúa apostando por achegar aos máis pequenos actividades educativas diferentes, propostas culturais e de lecer nas que a cultura, a diversión e a transmisión de valores van da man.
Félix Jorquera conversou co alcalde, Fran Cajoto; coa concelleira de Cultura e Facenda, Inés López; con Pura García, que é directiva de Acia Foz-CCA; con Carmen Alonso, presidenta do Celtas de Foz; e coa dona da cafetería Marexada, Palmira Andrade. Con eles fixo balance do verán, que todos valoraron de xeito positivo, e analizou os proxectos para os vindeiros meses.
Trátase dunha viaxe para dúas persoas con estancia de catro noites nun hotel de catro estrelas en réxime de todo incluído, voos e equipaxe. O sorteo tivo lugar o pasado mes de xuño.
A cita previa pode solicitarse a través do teléfono 981.928.080 ou da web
A medida tamén fai que as familias perdan a gratuidad do comedor escolar, asumindo un gasto novo. O Concello reclama recuperar a parada mentres non exista unha alternativa segura e manter tanto o transporte como o comedor gratuíto, pedindo unha solución urxente que non prexudique ás familias de Mántaras.
Un total de 32 participantes déronse encontro nesta segunda edición, demostrando o seu nivel e desfrutando dunha mañá de competición e compañeirismo. Os gañadores das diferentes categorías foron: Antón Pernas (Sub 8), David Bustabad (Sub 10), Xulio Pernas (Sub 12), Deivid Pérez (Sub 14), Manuel Castro (Sub 16) e Breixo Alvite (Sub 18). A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, entregou os trofeos e medallas aos vencedores. O Concello felicita a todas as persoas participantes polo seu esforzo e por contribuír ao crecemento do xadrez no municipio, reafirmando a súa aposta polo deporte, pola participación e por ofrecer novas oportunidades para gozar e aprender.



