Lugo, 19 de outubro de 2013. O vicepresidente da Deputación de Lugo e delegado das áreas de Benestar Social, Deporte, Igualdade e Mocidade, o nacionalista Antonio Veiga, vén de asinar un convenio de colaboración coa presidenta da Asociación de Persoas Xordas de Lugo (ASORLU), Purificación López Ferreiro, polo que a institución provincial se fará cargo dos gastos de contratación dun intérprete de lingua de signos no marco do programa ‘Comunica!’.
Con este convenio a Vicepresidencia do ente provincial pretende favorecer a integración social, educativa, laboral e cultural deste colectivo, así como a eliminación de calquera barreira de comunicación que poida afectarlle. Neste sentido Antonio Veiga precisou que “o obxectivo último é a mellora da súa calidade de vida porque todas as administracións públicas temos a obriga de levar a cabo as actuación precisas para acadar o benestar social das persoas con algún tipo de discapacidade facendo efectivo o principio de igualdade de oportunidades, aínda que dende os gobernos do Partido Popular non se entenda así”.
Para o delegado de Benestar e Igualdade “a consecución deste obxectivo debe cobrar máis forza nun momento marcado pola recesión económica no que as políticas de contención de déficit público están a desmantelar o Estado de Benestar. A crise económica está a ser a cortada perfecta da Xunta de Galiza e do Goberno central para iniciar políticas centradas na privatización dos servizos públicos e os servizos sociais non están entre as prioridades do Partido Popular”.
“Fronte a ese tipo de políticas dende a Vicepresidencia da Deputación de Lugo seguimos apostando por axudar aos colectivos que máis o precisan evitando a súa exclusión da sociedade, e por iso vimos de asinar este convenio por valor de18.000 euros”, concluíu Antonio Veiga.























Nesta edición, a programación céntrase na Idade Moderna en Galicia, combinando sesións teóricas no Real Seminario Conciliar de Santa Catalina con visitas guiadas por Mondoñedo e a súa comarca. O Concello destaca a excelente acollida desta iniciativa e anima a seguir promovendo actividades culturais deste nivel, posibles grazas ao compromiso da USC e ao apoio da Xunta de Galicia.
“A nosa provincia será un dos mellores lugares do mundo para ver este fenómeno e estamos a traballar para estar á altura”, valorou a mandataria provincial.
Categoría Infantil: 1º premio, Celia Blanco. 2º, Mara Blanco. 3º, Nuno Villares. Categoría Primaria: 1º premio, Laia Rodríguez. 2º, Paula Martínez. 3º, Jesús López e Samuel Riera (empate). Categoría Adultos: 1º premio, Unha receita para a felicidade, de Sonia Corral. 2º, O merodeador da néboa, de Manuel Fernández. 3º, Ou lobo ou o can, de Xolo. O Concello felicita a todas as persoas premiadas e agradece a participación de todas e todos os que fixeron deste certame unha auténtica celebración da lectura e da creación literaria.
O Deputado de Promoción Económica e Social, xunto ao Alcalde meirego e o músico berciano, presentaron no Pazo de San Marcos este concerto especial que acollerá a igrexa Monasterial de Santa María, o vindeiro 6 de agosto, ás 21:00 horas.
10:00 h: Apertura do mercado e Andaina histórica por Vilaronte con Moncho Ermida (dificultade baixa). 11:00–14:00 h: Experiencia a cabalo para nen@s (de balde). 12:00 h: Actuación da Charanga Os Sureños. 14:00 h: Sesión vermú con Super Glu. 16:30 h: Contacontos “Contamos contos de lobos” – Ghazafelhos. 18:00 h: Concerto de Tapa D’Orella. Durante a mañá haberá demostración de coiro. Pulpería Suso servirá churrasco, polbo e xamón. Organiza: O Atrio Colaboran: Concello de Foz, Xunta de Galicia, Área de Cultura da Deputación, Centro AD e Fiore Tondo.
Será o sábado 9 de maio ás 20 horas na Casa da Cultura. Homenaxeado: Xesús do Breogán, pola súa contribución á cultura e ao concello. Organiza: Son’s Varadero Foz. Colabora: Concello de Foz
A artista Catuxa Salom presentará o seu espectáculo o sábado 30 de maio, ás 22:30 horas. O concerto forma parte da programación cultural apoiada pola Xunta de Galicia, Xacobeo 2027, Artye e Urdime. As entradas están dispoñibles de maneira anticipada por 12 euros, mentres que na billeteira do recinto terán un prezo de 15 euros. A venda anticipada realízase a través da plataforma Woutick.



