Burela, 5 de outubro de 2013. Burela contará en breve cun Grupo de Prevención e Seguridade Cidadá que estará formado por catro persoas, segundo anunciaba este sábado o alcalde, José Mª González Barcia.
O rexedor explicou que “nos próximos días o Concello de Burela vai iniciar o procedemento de contratación de 4 persoas para crear un Grupo de Prevención e Seguridade Cidadá, que vai ter unhas funcións similares ás que tiñan os antigos Grumir. Esta vaise crear grazas a unha subvención aportada ao cen por cen pola Xunta de Galicia e que suporá un importe próximo aos 39.000 euros”.
González Barcia sinalou que “o período de traballo vai ser de 6 meses desde a firma do contrato laboral. Nestes momentos estamos deseñando os horarios e a distribución destas 4 persoas e confiamos en que empecen a traballar dentro de aproximadamente 15 días”.
O alcalde burelés dixo que “desde o Concello recoñecemos e valoramos positivamente o esforzo que está facendo a Xunta en materia de emprego, especialmente co Concello de Burela. Nestes momentos temos 5 cursos en marcha máis o obradoiro compartido con Cervo e Xove, que empezará en breve. Se a todo isto sumamos as cantidades que a Xunta nos concedeu para a contratación de socorristas, dun orientador laboral e destas catro persoas a verdade é que estamos falando de cantidades importantes que roldan o medio millón de euros”.























A proposta combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos. As entradas, cun prezo de 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes do inicio. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
Estes servizos sumaranse aos que xa permanecen abertos habitualmente, como os do parque Pernas Peón. O Día das Tortillas, que se celebra o domingo anterior ao Domingo de Ramos, reúne cada ano a veciños e visitantes en varios espazos do municipio. Con esta medida, o Concello busca facilitar o desfrute da xornada e mellorar a comodidade das persoas asistentes. Desde o Concello de Viveiro lémbrase tamén a importancia de facer un uso responsable das instalacións públicas, de manter limpos os espazos naturais e de respectar as n
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
A actividade conta coa colaboración do Concello.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.



