Cervo (Lugo), 9 de outubro de 2013.- A localidade de Cervo xa dispón dun complexo residencial para persoas con enfermidade mental, o primeiro destas características da provincia de Lugo e o cuarto en toda Galicia.
A conselleira de Traballo e Benestar, Beatriz Mato, visitou este mércores estas instalacións que ofertan un total de 75 prazas e nas que o departamento autonómico investiu 670.000 euros, o 50 por cento do orzamento. A infraestrutura conta con 25 prazas na unidade residencial e disporá doutras 50 para centro ocupacional. Mato destacou que a posta en marcha deste servizo foi grazas á colaboración entre as administracións públicas, as entidades privadas e de iniciativa social.
Con respecto ao colectivo das persoas con enfermidade mental –este xoves celébrase o Día Mundial da Saúde Mental-, Mato sinalou a importancia de que conten, ademais de cunha atención desde o ámbito sanitario, tamén desde o eido social.
Neste senso, resaltou que o Goberno galego está a apostar por “un cambio radical de modelo social” e, deste xeito, explicou que se están a deseñar catro carteiras de servizos diferentes, xa que indicou que a transformación social centrará os seus esforzos na oferta de servizos personalizados para cada tipo de usuarios. “Queremos realizar un traxe a medida para as súas necesidades”, afirmou.
As catro carteiras (para persoas con dependencia, maiores ou con discapacidade que teñan autonomía, infancia e de inclusión) ampliarán e diversificarán os servizos, ao tempo que acadarán o máximo aproveitamento das infraestruturas dispoñibles en Galicia. Como exemplo de que cada carteira ofertará recursos específicos para cada colectivo, Mato asegurou que a de dependencia contará con recursos específicos para as persoas con alzhéimer, discapacidade física, intelectual, trastornos do espectro autista, parálise cerebral, dano cerebral e persoas con enfermidade mental.
Coordinación sociosanitaria
Outro dos eixos nos que está a traballar a Xunta para transformar o modelo social é na coordinación sociosanitaria.De feito, xa no ano 2009 creouse a comisión interdepartamental para establecer accións conxuntas entre as consellerías de Traballo e Benestar e Sanidade, un labor dentro do que se enmarcan a Estratexia de Cronicidade, a Comisión Interdepartamental ou o Plan Marco de Atención Sociosanitaria.
Tamén dentro desta colaboración, os dous departamentos autonómicos estableceron unhas liñas de traballo conxuntas para mellorar a atención sociosanitaria dos pacientes que presentan un trastorno mental crónico que estean en situación de discapacidade e/ou dependencia. Así, estes pacientes reciben atención dun xeito coordinado entre os ámbitos social e sanitario co obxectivo de que estas persoas tamén poidan recibir a atención social coa que contan as persoas dependentes.
Así, estas persoas, sempre e cando sexan crónicos, estean estabilizados desde o punto de vista sanitario, e se atopen internados en unidades hospitalarias de rehabilitación reciben atención nas residencias públicas dependentes da Consellería de Benestar.
Con respecto ao plan marco, a titular de Benestar destacou que basea a súa fórmula nunha segmentación axeitada da poboación en perfís para poder garantir a atención máis axeitada a cada un deles. Deste xeito, existen cinco perfís diferentes aos que vai dirixido este plan: persoas con discapacidade asociada á enfermidade mental; persoas maiores enfermas; con discapacidade física e dependencia funcional elevada; persoas con discapacidade intelectual e, por último, o colectivo de enfermos en coidados paliativos.
Por último, Mato apelou á importancia de seguir mantendo a colaboración “permanente” coas entidades de iniciativa social para a posta en marcha e mellora das infraestruturas e o desenvolvemento do novo modelo de carteiras. Neste senso, apuntou que a asociación de axuda ao enfermo mental A Mariña contou desde 2009 con preto de 800.000 euros de axuda da Consellería de Traballo e Benestar. “A cooperación con entidades resulta fundamental para o Goberno galego porque elas coñecen mellor que ninguén as súas demandas, inquedanzas e necesidades”, rematou.






















Estes recitais, protagonizados por músicos da contorna, nunca defraudan. Sen grandes nomes internacionais, pero cunha sensibilidade musical exquisita, ofrecen sempre unha experiencia artística de gran calidade. Por iso, quen asista gozará dunha nova xornada dentro do Programa Adral, que a Xunta de Cofradías promove con tanto entusiasmo.
O Concello destaca a oportunidade que supón para impulsar a hostalaría local e felicita ás persoas galardoadas pola súa contribución á gastronomía asturiana.
Este texto é o froito de varios anos de investigación e convida profesionais da educación, terapeutas e persoas curiosas a descubrir como o traballo coa arxila libera traumas e favorece unha transformación persoal profunda. Ao remate do acto servirase un viño e un pequeno petisco.
A continuación, as persoas que desexen continuar a conversa e compartir un tempo de convivencia poderán anotarse á comida que se celebrará na Casa da Penela.
Pasados dez minutos das 15 horas deste martes, un particular alertou ao 112 Galicia dun coche envorcado fóra da vía en San Martiño de Ferreiros, Pol. Aconteceu no quilómetro 3 da LU-750, e a única persoa implicada permanecía atrapada no interior. De inmediato, desde o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias activouse un operativo no que participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, os Bombeiros de Vilalba, a Garda Civil de Tráfico e os servizos de mantemento da estrada. Os bombeiros actuaron para liberar á persoa, que foi evacuada en ambulancia polos profesionais sanitarios desprazados ata o lugar.
Unha comedia orientada para público infantil escrita e dirixida por Bea Campos. Hora: 18h.
O investigador achegarase a Ribadeo para falar sobre Urraca, considerada por moitos a emperatriz de todos os galegos e galegas. A entidade xa coñece o bo facer de Picallo, pois en anteriores ocasións participou como ilustrador nas presentacións das novelas Ao sur da liberdade e Entre a vontade e o destino, de Xosé Henrique Costas, deixando unha excelente impresión. Nesta ocasión, o público poderá escoitar ao Picallo historiador, que achegará novos datos sobre o reino de Galiza, unha realidade histórica que durante anos permaneceu agochada e que hoxe se recupera grazas a publicacións e investigacións como a súa.



