Cervo, 3 de outubro de 2013-O Concello de Cervo vén de colaborar coa sección de piragüismo do Club Deportivo San Ciprián coa compra dun novo motor para a zódiac de asistencia da que dispoñen permanentemente no encoro de Río Covo. Unha acción á que a administración local destinou 2.500 euros despois de que o motor da embarcación tivera que ser substituído.
Con este investimento, a delegación de Deportes quere seguir apoiando ao Club Deportivo San Ciprián na súa labor de promoción da práctica do piragüismo. Neste sentido, cabe destacar que a zódiac de asistencia é un elemento de seguridade imprescindible no desenvolvemento deste deporte destinado á asistencia dos padexeiros, especialmente dos menores de idade.
A zódiac ten o obxectivo de garantir a práctica desta disciplina coa máxima seguridade. “É importante fomentar o deporte entre a poboación, pero é unha máxima prioridade velar pola seguridade de todas as persoas que o practican, tendo en conta ademais que alí adestran moitos nenos e nenas” explica o edil de Deportes, Luis Guillén, que se achegou ata as instalacións do club xunto ao alcalde de Cervo, Alfonso Villares, o presidente do Club Deportivo San Ciprián, César Rivas, e o adestrador e delegado da sección de piragüismo, Javier García Garza.





















A concelleira de Cultura, Ana Cartelle, destacou que “es un privilegio para Ortigueira contar con una formación de la talla de Qvinta Essençia”, e subliñou que o concerto ofrece “una oportunidad única para disfrutar de una música que en su día fue la vanguardia de las cortes europeas”. O recital propón unha viaxe pola lírica e a música do Renacemento, con obras de Guerrero, Morales ou Vázquez e textos de Garcilaso, Boscán ou Lope de Vega.
O evento celebrarase este sábado 25, de abril, na capital lucense. Durante a xornada matinal, o alumnado asistirá a clases impartidas por profesionais de distintas disciplinas, tanto do ámbito da danza clásica como da moderna. Pola tarde, ás 19:30 horas, o grupo da EMMeD subirá ao escenario do Auditorio Gustavo Freire xunto aos demais centros convidados, nunha actuación que servirá como peche desta xornada de convivencia e intercambio artístico.
Un home perdeu a vida este xoves tras sufrir un accidente cunha res no lugar de Carelle Grande, na parroquia do Burgo (Muras). O suceso tivo lugar sobre as 19 horas, cando un familiar deu a voz de alarma ao 112 Galicia e explicou que o implicado fora aplastado polo animal. De inmediato, activouse un operativo no que participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, que desprazaron ao punto o helicóptero medicalizado con base en Santiago, e a Garda Civil. Unha vez alí, os profesionais sanitarios só puideron confirmar o falecemento do home.
Con motivo desta conmemoración, o Concello anima á veciñanza a participar no Certame do Día do Libro, unha iniciativa pensada para fomentar a creatividade en todas as idades. Categorías do certame: Infantil (3-6 anos): creación dun marcapáxinas orixinal. Primaria (7-11 anos): continuación dunha historia proposta. Adultos (12+ anos): relato, anécdota familiar ou continuación da historia proposta. Data límite: 30 de abril. Envío por correo: prensa@concellodecervo.com. Envío por WhatsApp: 683 315 939
A directora, Ana Traseira, e o brand manager, Carlos García, representaron ao centro lucense, que presentou a experiencia “A comunicación: unha nova ponte cara Lugo”, recoñecida co Accésit do Consello Social da UNED 2025. O proxecto destaca pola súa aposta pola innovación, a proximidade e a mellora continua na relación coa contorna. A UNED de Lugo agradeceu a oportunidade de participar nun espazo que reforza a colaboración e contribúe a construír unha universidade máis conectada, accesible e comprometida.
Varios grupos participan en obradoiros de cestería na Devesa e de manualidades en Rinlo, Cinxe e As Anzas. A Área de Benestar Social, Saúde e Familia quere “potenciar deste xeito a convivencia e encher de propostas os locais sociais do noso concello e de entretemento ás persoas que viven nas parroquias de Ribadeo”.
Fixoo no marco do Campionato Galego de Coctelería celebrado no Hostal dos Reis Católicos.



