Este mércores foi clausurada na Casa da Cultura a exposición sobre Roberto Vidal Bolaño que se puido ver nestas instalacións desde o pasado 23 de setembro. A Vidal Bolaño dedicouse o Día das Letras Galegas deste 2013. O acto asistiron, entre outros, o secretario xeral de Política Lingüística da Xunta, Valentín García Gómez; o xefe territorial da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria en Lugo, José Jesús Ramos Ledo; e o alcalde de Burela, José Mª González Barcia.
