O 24 de outubro foi o Día das Bibliotecas e os rapaces do Colexio de Primaria “Castro de Ouro” de Alfoz celebrárono o día seguinte, o 25, nun acto organizado pola Delegación de Cultura do Concello de Alfoz, no que o contacontos mindoniense Ton Arenas presentou na Casa da Cultura do concello un espectáculo de monicreques no que o pirata Ollo Birollo e o mariñeiro Moncho loitaban polo amor da bela Marina. Os rapaces pasárono en grande, participando activamente na representación.
Día das bibliotecas en Alfoz
Día das bibliotecas en Alfoz
Relacionado
-
A UNED de Viveiro, dentro do seu programa de activiades de maio, ten aberta ata remate de mes nos baixos da biblioteca municipal, unha exposición sobre a trata de persoas
-
A directiva de Acisa lembra que os premiados na campaña do Día da Nai teñen ata o 16 de maio para reclamar os seus premios nas súas oficinas
-
A escola infantil municipal de Cervo celebrou a festa dos maios