Este mércores 23 de outubro, ás 20:30 horas, o salón de actos do IES María Sarmiento acollerá a proxección de dúas curtametraxes dentro do ciclo de cine euroárabe que está a desenvolver o colectivo Pensamento e Sementeira. “Ensemble”, dirixida por Mohamed Fekrane, de 17 minutos de duración, obtivo o premio Amal 2012 á mellor curtametraxe de ficción. E, “Eid”, (9 minutos ), é unha película de Palestina dirixida polo Colectivo Saaheb, premio á mellor curtametraxe documental Festival Amal-2012.
Dúas curtas no María Sarmiento
Dúas curtas no María Sarmiento
Relacionado
-
A deputada de Cultura, Iria Castro, e o deputado de Rural, Mar e Mocidade, Daniel García, asistiron este luns en Mondoñedo á inauguración da rúa Andrea López Chao en homenaxe á mestra mindoniense, pioneira na loita polo dereito das mulleres á educación e á saúde na emigración galega en Cuba
-
A obra teatral Zozobra chega a Vilalba a través do programa “Escena Camino Norte” e a área de Cultura
-
Mariña Gueimunde, alcaldesa de Viveiro, asistiu este domingo á ofrenda á Virxe dos Remedios en Mondoñedo, un dos actos relixiosos e culturais máis relevantes da Mariña e da provincia