O encontro disputado o sábado 12 en Ribadeo correespondente á primeira xornada da Liga da Terceira Nacional, aprazada, saldouse coa vitoria do conxunto Visitante por 1-6.
Os ribadenses Javier de Burgos, Daniel López e Raúl Barcia colleitaron uns resultados de: 0-3, 1-3, 1-3 e 2-3, 0-3, 0-3, 3-2, en dobres coa parella formada polos dous últimos.
Tras pospoñer a súa estrea na 3ª categoría nacional, ao aprazarse o primeiro encontro da tempada, o EFEGA FORMACION S.D. Ribadeo caeu na casa fronte ao Oroso T.M. por un abultado 6-1.
En ningún momento o equipo ribadense entrou en xogo, e non soubo facer fronte a un Oroso máis sereno e concentrado.
Sen dúbida, o hecho da estrea engadiu nervios a un EFEGA que deu a sensación de ter calidade suficiente para presentar moita máis batalla a un rival moi duro, pero para nada imbatible.
O obxetivo do equipo ribadense para esta temporada é a permanencia na 3a categoría nacional, o que sería todo un éxito dada a curta historia do club que no seu cuarto ano de vida conta xa cun equipo en 3a nacional e outro na Primeira Galega.
San Miguel SD Ribadeo
O equipo de 1ª Autonómica “SAN MIGUEL/S.D. Ribadeo” perdeu pola mínima na casa 3-4 ante o Club de Mar xuvenil de A Coruña.