A Mariña, 15 de outubro de 2013. Medio cento de emigrantes retornados da comarca da Mariña manifestáronse, esta mañá, diante do Parlamento de Galiza, coincidindo co primeiro día do debate do Estado do Autonomía, para urxir ao Goberno da Xunta que actúe como mediador ante o Executivo do Estado para que este ordene a paralización das sancións impostas pola Axencia Tributaria contra emigrantes retornados que non tributaron polas pensións que recibiron do estranxeiro desde o ano 2008.
Desde a Plataforma de Emigrantes Retornados da Mariña acúsase ao Goberno que preside Mariano Rajoy “de tratar aos emigrantes retornados como delincuentes. Mentres aos defraudadores, profesionais da fraude e multimillonarios, se lles conceden amnistías fiscais, ás persoas honestas que tivemos que abandonar o país en busca dun futuro mellor, o Partido Popular imponnos multas abusivas e inxustas.”
Para os emigrante retornados desta comarca lucense “a lei non se aplica igual para todos; aos ricos aplícaselle con máis benevolencia e aos que vivimos dunha pensión conseguida tras décadas de esforzo, o Goberno aplícanos todo o peso da lei. É hora de que o Goberno cese as multas contra nos, é hora de que se paralicen as sancións e os intereses de demora abusivos, é hora de demandar un mesmo trato fiscal para aqueles que nos gañamos a nosa pensión na emigración que no país, en definitiva, todo isto será coa nosa unidade e coa nosa loita. Só coa presión popular conseguiremos que o Ministerio de Facenda modifique a Lei do IRPF de 2006.”
A Plataforma de Emigrantes Retornados da Mariña amósase confiada de poder resolver este conflito a través da xustiza en canto “as últimas decisión xudiciais abren unha nova fronte de loita que debe ser reforzada pola mobilización social, a fin de presionar e facer efectiva unha resolución xusta. Son tempos de loita, de seguir sumando apoios e de manternos unidos, xa que este vai ser o camiño para obrigar ao goberno do Estado, e de xeito moi particular a Axencia Tributaria, a mudar de posición paralizando as sancións e definindo un mesmo modelo de tributación para os emigrantes con independencia da orixe das rendas das súas pensións.”























Haberá degustación diaria de ostras na carpa do porto. Concertos, showcookings, visitas guiadas e actividades mariñeiras. Lancha pola ría, exposición de maquetas e concurso fotográfico #somoslasostra2026, ademais propostas especiais en Acueo, La Casilla e Restaurante Peñalba.
A presentación correrá a cargo de Marisa Barreiro, presidenta do IESCHA. O acto terá lugar o venres 8 de maio de 2026, ás 20:00 horas, na Casa da Cultura de Vilalba.
A primeira sesión, de 11:00 a 12:30 h, contará cun autor asturiano destacado polo seu traballo arredor do mundo rural e da cultura campesiña. A actividade é aberta, participativa e gratuíta ata completar aforo.
A área de Deportes reforzará o seu respaldo ao club cunha subvención excepcional ligada á presenza neste torneo estatal. O vicepresidente Efrén Castro visitou este mércores o equipo en Castro Ribeiras de Lea para trasladarlles ánimo e destacar a importancia de competir a este nivel para dar visibilidade ao deporte feminino e avanzar na igualdade. Ademais deste apoio puntual, a Deputación financia de maneira estable a actividade do club cunha subvención nominativa de 70.000 euros, a principal achega institucional ao seu funcionamento.
A función está dirixida ao público adulto e a entrada será de balde, ata completar aforo. O evento conta coa colaboración do Concello. Unha nova oportunidade para gozar do teatro local e apoiar o traballo das compañías da comarca.
Estivo organizada polo Motoclub Os de Sempre, que reuniu este fin de semana a centos de participantes chegados de Galicia, Asturias, León e o Bierzo. O programa incluíu unha ruta nocturna en homenaxe aos moteros falecidos, ademais de momentos de convivencia en comidas e actuacións musicais dos grupos Primera Línea e Malditos Pendejos. Na entrega de trofeos participaron o alcalde de Ortigueira, Valentín Calvín, e a concelleira Isabel Rego.
A reorganización dos espazos —stands na Praza do Casino e presentacións no Cine Fantasio— foi clave para o éxito. A concelleira de Cultura, Patricia Rodríguez, destacou a boa acollida e a resposta do público, valorando moi positivamente o novo formato.



