Ribadeo, 28 de outubro de 2013. Éxito do banco de material ortoprotésico que puxo en marcha o Concello de Ribadeo hai meses para axudar ás familias de doentes con menos recursos. O alcalde, Fernando Suárez, subliñou que no seu día foi unha iniciativa pioneira e fai unha chamada á colaboración tanto das persoas que xa non precisan deste tipo de utensilios coma ás que necesitan usalos e non teñen medios económicos para adquirilos.
O rexedor sinalou que “xa levamos varios meses con esta iniciativa pioneira do Concello de Ribadeo, que no seu momento tivo a axuda económica da Deputación Provincial de Lugo polo que abrimos un banco de préstamo de material ortoprotésico. Unha serie de material que adquirimos, como camas eléctricas e manuais, andadores, cadeiras, guindastres, etcétera, que está sendo prestado a aquelas familias que máis o precisan, que non teñen recursos económicos e que teñen situacións dos seus pais ou avós nas que necesitan este tipo de axudas na casa para que teñan unha vida máis levadeira tanto os doentes como os seus propios familiares”.
Segundo Fernando Suárez Barcia o banco de préstamo de material ortoprotésico “está a ter moito éxito, de feito todo este material que temos aquí a disposición destas familias con poucos recursos a meirande parte del xa foi prestado e cando esas situacións melloran ou esa xente maior non está entre nós os familiares devolven ese material prestado para que poida servir para outras familias”. Na actualidade 5 das 8 camas manuais foron prestadas, ao igual que as 3 camas eléctricas das que dispón o Concello, 3 dos 6 andadores, 4 das 8 cadeiras de bañeira, 1 das dúas cadeiras de ducha, 4 dos 12 colchóns antiescaras e 3 dos 5 guindastres cos que conta este banco.
O alcalde ribadense dixo que “desde o Concello e desde a área que xestiona a miña compañeira Teresa González queremos dicir dúas cousas: que as portas seguen abertas para todas aquelas persoas que pensan que poden necesitar este material ortoprotésico, pero que non se deron conta de que o Concello ten este banco de préstamo, para que acudan aos Servizos Socias a pedir maior información; e tamén facer un chamamento a aquelas familias que dispoñan de camas eléctricas, cadeiras de rodas, etcétera que xa non precisen, ben porque os seus familiares curaron ou porque xa non están entre nós, para que nolas cedan e así poidan usalas os que máis o precisan. Porque ben é certo que hai algunha remesa de material que aínda nos queda en existencias, pero por exemplo as tres camas eléctricas que temos están todas elas prestadas”.
Suárez Barcia engadiu que “hai determinado material que ten unha demanda maior e polo tanto quero convidar a aqueles que o teñan no seu poder porque o compraron hai tempo e xa non o usen pedímoslles que nolo entreguen ao Concello, como xa fixeron algunhas familias, para que poida engrosar o banco de material ortoprotésico que temos a disposición da xente que non ten recursos para facer fronte a isto. Son gastos que agora desgraciadamente non están cubertos pola Seguridade Social, pero antes si o estaban”.























Afectarán aos seguintes servizos: Piscina: pechada. Duchas dos vestiarios: pechadas. Ximnasio e actividades en seco: abertos no horario habitual. O Concello agradece a comprensión da cidadanía.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.
As deputadas do PP lucense no Parlamento galego, Raquel Arias e Nicole Grueira, e a alcaldesa de Cervo, Dolores García, mantiveron na localidade un encontro con mulleres vinculadas ao sector do mar co obxectivo de visibilizar e poñer en valor o seu papel fundamental na economía mariñeira e na vida das vilas costeiras. A reunión serviu como espazo de diálogo e recoñecemento ao traballo que durante anos desenvolveron mariscadoras, redeiras e outras profesionais do sector. As populares manifestaron a súa defensa da igualdade e aseguraron que “sen as mulleres o sector do mar non se atende”.
Será na Explanada do Círculo Habanero, en carpa climatizada. Programa: 13:30: Sesión vermú con Dúo Puma. 14:30: Xantar (fabada, costela con patacas, sobremesa, café e bebida). Prezos: Socios 20 €. Non socios 30 €. Nenos 6–12: 15 €. Menores de 6 anos: gratis. Entradas: domingos 15 e 22 de marzo, de 11:30 a 13:30 no Local Social. Contacto: 682 06 57 07
A feira instalarase na Praza da Constitución e contará con showcookings, catas, música en directo e actividades para todos os públicos. O sábado haberá demostración culinaria con Marcos Pereiro, sesión vermú, talleres infantís e concertos de 9Louro e Mondra. O domingo incluirá showcooking de Miguel Mosteiro, novas catas e a tradicional sesión de baile no Centro Cultural.
Ás 12:00 h, no Parque Ramón de Campoamor, terá lugar o acto institucional de homenaxe. Pola tarde, no Casino de Navia, haberá actividades abertas ao público: 18:00 h – Recital “Poesía que nos une escondida entre renglones”. 19:00 h – Encontro coa escritora Matilde Suárez, Premio “Ría del Eo”. A alcaldesa, Ana Fernández, destacou o compromiso de Navia por recuperar e poñer en valor o legado do poeta e consolidar o concello como referente cultural.



