Sto. André de Boimente, 27 de outubro de 2013.- O Centro Socio-cultural de Santo André de Boimente ven de acoller con grande éxito de participación as primeiras Xornadas Micolóxicas e Gastronómicas de Cogomelos no Buio que organizou o colectivo de mulleres Fraga das Saímas en colaboración co espazo agroecolóxico Estruga.
Os vintecinco participantes destas I Xornadas Micolóxicas déronse cita ás 10.00 horas do sábado 26 de outubro no Centro Socio-cultural de Santo André de Boimente, onde foron recibidos pola Directiva Fraga das Saímas e o Biólogo de Estruga, Marcos Besada. Logo das presentacións a Micóloga e Licenciada en Ciencias Ambientais (Rita Cid) expuxo ao longo de dúas horas as nocións teóricas básicas sobre algunhas das 165 diferentes especies de cogomelos e champiñóns existentes en Galicia, e durante a cal os participantes aproveitaron para facerlle a esta experta toda tipo de preguntas, consultas e curiosidades sobre o mundo da micoloxía. Rematada a charla o grupo partiu cara aos montes do Buio e Lerín para poñer en práctica o aprendido e coñecer de primeira man a riqueza micolóxica e valor ambiental destes montes veciñais. Logo de estar recorrendo diferentes vereas dos Montes do Buio ao longo de catro horas, cunha pequena parada para xantar no Refuxio do Candaoso, o grupo de aficionados á Micoloxía voltaron ao Centro Socio-Cultural para, un grupo dos participantes e da man da Micóloga Rita Cid, seleccionar as variedades recollidas e montar unha pequena exposición cos exemplares recolectados e outro grupo, da man do Biólogo Marcos Besada, proceder á limpeza e preparación de diferentes pratos de cociña preparados a base de boletus edulis, Macrolepiotas, Cantarelas e Boletus Bayo, para a degustación culinaria que pechou con grande éxito e satisfacción por parte dos asistentes ás I Xornadas Micolóxicas organizadas polo colectivo de mulleres de Sto. André de Boimente, as cales aproveitaron para emplazar a todos a unha vindeira edición no outono do 2014.
A exposición temporal de Cogomelos (con variedades comestibles e tóxicas), que permanecerá ata xoves 31 de outubro no Centro Socio-Cultural, está composta por coprinus comatus (apagavelas), Araricus SP (champiños de monte), Amanita ruscens (amanita vinosa), xerocomus badius (boletus bayo), suillus bovinus, Rúsula SP, Macrolepiota procera (lepiota), Sparassis crispa (colifror de monte), boletus erythropus , Leccinun scabrum (boleto das bidueiras), Boletus edulis, Lycoperdum SP, Scleroderna SP, Puxillus involutus , Lactarius deliciosus, Chysorrheus sp, Hydnum repundum (lingua de vaca), Amanita rubescens (amanita vinosa), amanita muscaria, Amanita vaginata (amanita sen anel), entre outras.
Xa para rematar, dicir que a nota discordante do día púxoa a presenza de certos grupos de persoas nos Montes do Buio cuxo único propósito non é outro que a especulación e comercialización das setas, co conseguinte expolio por parte destes foráneos que veñen a facer negocio cos cogomelos, facendo uso indebido dos montes da comunidade veciñal de San Andrés de Boimente e co argumento demagóxico de que o monte é de todos, co conseguinte total desprezo aos comuneiras e comuneiros dos montes veciñais que lles solicitan explicacións dos seus actos, créndose ademais que os amparan todos os seus dereitos individuais para invadir e expoliar os montes con total impunidade.
A Directiva Fraga das Saímas congratúlase e da a benvida a todas as persoas amantes da natureza e aficionados á micoloxía que veñen a gozar dun xeito respetuoso dos montes do Buio e aproveitan para recoller cogomelos para o seu autoconsumo e anímanos a seguir visitando as fermosas paraxes que conforman estes montes, mais expresan o seu profundo malestar e rexeitamento contra a recollida incontrolada de cogomelos con fins puramente comerciais, cousa que, desgrazadamente, está a acontecer nos últimos anos nos seus montes veciñais.
























A banda presentará o seu espectáculo nunha cita aberta ao público, que promete unha noite de rock e diversión para todos os asistentes.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.
A xornada incluirá feira de artesanía desde as 11:30, inauguración ás 12:30 e xantar popular ás 14:45, con tickets dispoñibles ata o 9 de setembro. Haberá showcookings, degustacións, pasarrúas, xogos tradicionais, concentración de Vespas e demostracións de oficios. A organización espera repetir o éxito da última edición, na que se serviron uns 800 pratos.
O acto celebrarase este venres 4 de setembro ás 20:30 horas na sala de exposicións. Servirase un viño e un pequeno petisco. A mostra permanecerá aberta ao público ata o 4 de novembro.
O Concello destacou que esta primeira edición nace para impulsar a creación literaria e manter vivo o legado de Manuel García-Galano. A obra gañadora, definida pola autora como unha historia de suspense psicolóxico sobre amizade, lealdade e segredos, engádese á programación cultural da XXXIII Feira Campomar. Con este premio, o concello inicia unha traxectoria destinada a honrar a figura do escritor a través da literatura.
Villares felicitou á entidade lucense polos éxitos acadados na última tempada e puxo en valor “o traballo e dedicación dos nadadores e nadadoras e o esforzo do equipo técnico” do club. Recalcou en especial o impulso ao deporte base dende idades moi temperás, en liña coa aposta da Xunta por fomentar a actividade física entre os nenos e nenas con accións como o programa de deporte escolar Xogade, que no curso pasado chegou case ao 60% do alumnado galego.
Ao longo destas semanas, arredor de 20 nenos e nenas iniciáronse e melloraron as súas habilidades neste deporte, desfrutando do exercicio, aprendendo e pasándoo en grande. O Concello agradece a participación da rapazada e o apoio das familias, e reafirma a súa aposta polo deporte e por ofrecer alternativas de ocio activo para os máis pequenos. A actividade estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil.



