Excelente acollida a décimocuarta xornada micolóxica que promove a OMIX do Concello do Valadouro. A saída con numerosos participantes foi perto da Fraga das Saímas onde os asistentes recolleron distintas variedades de cogumelos dos que o biólogo Jesús Blanco deu detallada explicación de características morfolóxicas, do seu aproveitamento culinario o da súa toxicidade se era o caso. A comida-degustación foi na Cafetería El Valle de Ferreira do Valadouro onde se quedaron 27 comensales. Finalmente a exposición con anotacións técnicas foi no baixo da Casa da Cultura, oportunidade que na mañá seguinte aproveitaron os alumnos do CEIP Santa María para aprender máis do fascinante mundo das setas.























O Deputado de Promoción Económica e Social, xunto ao Alcalde meirego e o músico berciano, presentaron no Pazo de San Marcos este concerto especial que acollerá a igrexa Monasterial de Santa María, o vindeiro 6 de agosto, ás 21:00 horas.
10:00 h: Apertura do mercado e Andaina histórica por Vilaronte con Moncho Ermida (dificultade baixa). 11:00–14:00 h: Experiencia a cabalo para nen@s (de balde). 12:00 h: Actuación da Charanga Os Sureños. 14:00 h: Sesión vermú con Super Glu. 16:30 h: Contacontos “Contamos contos de lobos” – Ghazafelhos. 18:00 h: Concerto de Tapa D’Orella. Durante a mañá haberá demostración de coiro. Pulpería Suso servirá churrasco, polbo e xamón. Organiza: O Atrio Colaboran: Concello de Foz, Xunta de Galicia, Área de Cultura da Deputación, Centro AD e Fiore Tondo.
Será o sábado 9 de maio ás 20 horas na Casa da Cultura. Homenaxeado: Xesús do Breogán, pola súa contribución á cultura e ao concello. Organiza: Son’s Varadero Foz. Colabora: Concello de Foz
A artista Catuxa Salom presentará o seu espectáculo o sábado 30 de maio, ás 22:30 horas. O concerto forma parte da programación cultural apoiada pola Xunta de Galicia, Xacobeo 2027, Artye e Urdime. As entradas están dispoñibles de maneira anticipada por 12 euros, mentres que na billeteira do recinto terán un prezo de 15 euros. A venda anticipada realízase a través da plataforma Woutick.



