O Burela Pescados Rubén golea con facilidade (7-0) ao AE Vallirana, colista da categoría, e comparte liderado co Atlético de Madrid con 16 puntos. O encontro confirmou a diferenza entre ambas escuadras. O Vallirana, debutante na categoría, encaixou no primeiro minuto o 1-0, marcado por Peque. O dominio laranxa era indiscutible pero o segundo tanto resistíase, as catalás desperdiciaron unha gran ocasión a porta baleira e acto seguido chegou o 2-0, tamén materializado por Peque. Con este resultado chegouse ao intermedio e na segunda parte, o primeiro minuto liquidou calquera atisbo de sorpresa. Bea Mateos e Maite sentenciaron o duelo situando o 4-0 que deixou sen reacción ás visitantes. A única emoción era saber o resultado final e a contundente vitoria por 7-0 completouse cos goles de Maite, Claudia e Lara.
Fundación Deporte Galego
O encontro entre galegas e catalás, correspondente á sexta xornada da Primeira División, foi presenciado no palco de Vista Alegre polo Gerente da Fundación Deporte Galego, Javier Rico.
Ficha técnica
Burela Pescados Rubén: Patri, Bea Mateos, Peque, Maite, Lidia –cinco inicial- Lara, Claudia, Jozi, Silvia, Cristina.
AE Vallirana: Judith, Mire, Clara, Cani, Carlins –cinco inicial- María, Marlins, Nere, Xeni, Sutton.
Goles: 1-0, m.1, Peque; 2-0, m.14, Peque; 3-0, m.21, Bea Mateos; 4-0, m.21, Maite; 5-0, m.23, Maite; 6-0, m.30, Claudia; 7-0, m.38, Lara.
Incidencias: Partido disputado no pavillón Vista Alegre de Burela. 300 espectadores.























A proposta combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos. As entradas, cun prezo de 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes do inicio. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
Estes servizos sumaranse aos que xa permanecen abertos habitualmente, como os do parque Pernas Peón. O Día das Tortillas, que se celebra o domingo anterior ao Domingo de Ramos, reúne cada ano a veciños e visitantes en varios espazos do municipio. Con esta medida, o Concello busca facilitar o desfrute da xornada e mellorar a comodidade das persoas asistentes. Desde o Concello de Viveiro lémbrase tamén a importancia de facer un uso responsable das instalacións públicas, de manter limpos os espazos naturais e de respectar as n
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
A actividade conta coa colaboración do Concello.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.
