Un ano máis, desde a Asociación de Axuda ao Enfermo Mental A Mariña, recollemos as flores plantadas no taller de xardinería con motivo destas datas tan significativas e onde as flores se converten en expresión de recordo e amor.
Estas flores son seleccionadas e posteriormente vendidas á Floristería Alecrín que colabora coa entidade facilitando a venda de devanditas flores, dándolle así valor ao traballo realizado polos usuarios do Centro de Rehabilitación Psicosocial e Laboral de Burela e contribuíndo notablemente ao seu benestar psicosocial e aumento da súa autoestima.
Esta é unha boa ocasión para recordar aos nosos seres queridos honrándoos cunhas flores donde os usuarios foron poñendo o seu entusiasmo, esforzo e sobretodo o seu corazón. Covidámolos a que nestos días se pasen pola Floriestería Alecrín e contén coas nosas flores nun momento tan especial.