Na Mariña luguesa andamos ás voltas cunha polémica artificial creada por un partido político ao que lle interesa máis crear conflitos que achantar coas súas propias responsabilidades. Trátase, de novo, de crear confusión. De estar no goberno pero non gobernar.
A realidade é que, fóra da controversia interesada, no asunto do Servizo de Axuda no Fogar sobran os argumentos técnicos. É importante ter en conta os razoamentos do Ditame núm. 3/12 do Consello Consultivo de Galicia, un informe xurídico no que este ente colexiado se pronuncia sobre o Decreto 99/12 de servizos sociais aprobado polo Partido Popular. O Consello Consultivo é un organismo de obrigada consulta nos supostos de regulamentos que se diten en execución das leis. Este órgano independente efectúa na súa argumentación dúas “tachas de legalidade” en relación co procedemento seguido na elaboración do Decreto do PP e incluso manifesta de xeito literal que o Goberno galego incurriu en “numerosas irregularidades”. Ao final, o Consello Consultivo de Galicia (equivalente ao Consejo de Estado de España) chega á seguinte conclusión: «Que o proxecto de decreto polo que se regulan os servizos sociais comunitarios e o seu financiamento, resulta contrario ao ordenamento xurídico polos motivos a que se refire a consideración cuarta.»
No dereito existe o principio fundamental da xerarquía normativa. As normas ordénanse xerarquicamente de xeito que as de inferior rango non poden contradicir as superiores, baixo risco de nulidade. Isto é o que acontece aquí: un simple decreto aprobado polo PP (Decreto 99/2012 polo que se regulan os servizos sociais e o seu financiamento) non pode modificar unha norma con forza de lei aprobada polo BNG no ano 2008 (Lei 13/08 de Servizos Sociais de Galiza). Os decretos só poden desenvolver as leis, non modificalas.
De feito, o executivo de Feijóo ten a lexítima potestade de derrogar a lei. Hai outras medidas que están a tomar que atentan contra a dignidade das persoas e non vemos que lles trema a man. Poden crear, por exemplo, unha Ley Regional de la Beneficencia que substitúa a nosa Lei de Servizos Sociais de Galiza. Só terían que cambiar unha norma que outorga dereitos (a actual) por outra que dea esmolas graciables, que é o que realmente lles reina.
Por moi aburridos que sexan os informes técnicos, estes adoitan ser os que quitan e dan a razón. Xa que logo, e tendo en conta a resolución imparcial do Consello Consultivo na que se chega á conclusión de que o decreto tramitado polo Goberno de Feijóo non “regula” os servizos sociais, senón que directamente os “modifica”; todo o que se fale a maiores sobre este tema son especulacións. Non deixan de ser medias verdades que, como calquera persoa de ben sabe, fan bastante máis dano que as mentiras enteiras.
Marco López
(Portavoz do Grupo Municipal Nacionalista de Xove)
16/X/2013



















O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.
Será na Igrexa de Santa María ás 20:30 h. Debido ao aforo limitado e ao cumprimento da normativa vixente, editaranse entradas que se repartirán no acceso da igrexa o propio día do concerto, onde tamén se realizará o control de acceso.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.
As deputadas do PP lucense no Parlamento galego, Raquel Arias e Nicole Grueira, e a alcaldesa de Cervo, Dolores García, mantiveron na localidade un encontro con mulleres vinculadas ao sector do mar co obxectivo de visibilizar e poñer en valor o seu papel fundamental na economía mariñeira e na vida das vilas costeiras. A reunión serviu como espazo de diálogo e recoñecemento ao traballo que durante anos desenvolveron mariscadoras, redeiras e outras profesionais do sector. As populares manifestaron a súa defensa da igualdade e aseguraron que “sen as mulleres o sector do mar non se atende”.
Será na Explanada do Círculo Habanero, en carpa climatizada. Programa: 13:30: Sesión vermú con Dúo Puma. 14:30: Xantar (fabada, costela con patacas, sobremesa, café e bebida). Prezos: Socios 20 €. Non socios 30 €. Nenos 6–12: 15 €. Menores de 6 anos: gratis. Entradas: domingos 15 e 22 de marzo, de 11:30 a 13:30 no Local Social. Contacto: 682 06 57 07
A feira instalarase na Praza da Constitución e contará con showcookings, catas, música en directo e actividades para todos os públicos. O sábado haberá demostración culinaria con Marcos Pereiro, sesión vermú, talleres infantís e concertos de 9Louro e Mondra. O domingo incluirá showcooking de Miguel Mosteiro, novas catas e a tradicional sesión de baile no Centro Cultural.
Ás 12:00 h, no Parque Ramón de Campoamor, terá lugar o acto institucional de homenaxe. Pola tarde, no Casino de Navia, haberá actividades abertas ao público: 18:00 h – Recital “Poesía que nos une escondida entre renglones”. 19:00 h – Encontro coa escritora Matilde Suárez, Premio “Ría del Eo”. A alcaldesa, Ana Fernández, destacou o compromiso de Navia por recuperar e poñer en valor o legado do poeta e consolidar o concello como referente cultural.



