A Mariña, 16 de outubro de 2013. O BNG da Mariña pon en marcha unha campaña informativa sobre a reforma da administración local na que pretende achegar á cidadanía os efectos que a reforma da lexislación local imposta dende o goberno do Estado terá sobre a cidadanía. Os nacionalistas, coa presenza do alcalde de Ribadeo, Fernando Suárez e o Vice-responsábel Comarcal, Xoán Antón Estúa, repartiron no mercado de Ribadeo información sobre os efectos desta modificación lexislativa que pretende, de non modificarse, acabar con múltiples das competencias e servizos que a administración mais cercana presta á cidadanía.
Fernando Suárez afirmou que moitos dos servizos que hoxe presta o concello, de manterse a actual reforma corren perigo de desaparecer
Para o BNG a xente debe ser consciente dos efectos perniciosos desta modificación que o goberno central pretende por en marcha xa que suporá o afastamento dos servizos da cidadanía poñendo en perigo incluso o mantemento de servizos públicos clave na igualdade de oportunidades que non serán posíbeis de manterse a actual proposta do goberno central. Nesta liña o Alcalde de Ribadeo, Fernando Suárez, puxo o exemplo da Escola Municipal de Música, que non será posíbel mantela xa que coas directrices fixadas na nova lexislación un informe dun funcionario da Deputación en aplicación do sacrosanto déficit cero pode acabar pechándoa devolvéndonos a situacións pretéritas e discriminatorias entre quen poda ou non pagar unhas clases particulares.
Suárez foi mais alá ao indicar que o obxectivo desta modificación lexislativa busca a privatización de moitos servizos municipais e converterá aos representantes municipais elixidos directamente pola cidadanía en simples delegacións ou oficinas de xestión sen capacidade de decisión sobre asuntos trascendentais para a calidade de vida da xente que pasarán a ser competencia das Deputación Provinciais con representantes que nin sequera son elixidos democraticamente e están moi afastados da realidade diaria dos e das cidadáns.
Para Estúa estamos diante dunha reforma involucionista que impón o baleirado de competencias e a expropiación dos concellos galegos en favor das Deputación Provinciais
Pola súa banda, o Vice-Responsábel Comarcal nacionalista, Xoán Antón Estúa, afirmou que estamos diante dunha reforma administrativa involutiva que nos devolve aos tempos do franquismo onde para tratar calquera problema local era necesario perder o día na capital da provincia. O nacionalista explicou que esta reforma pretende o baleirado de competencias dos concellos e vai encamiñada á súa expropiación para reforzar as deputacións provinciais, ignora as características propias dos concellos galegos, pon por riba do interese social o interese económico, impedirá, suprimirá ou privatizará moitos dos servizos que hoxe prestan os concellos, especialmente os sociais e suporá a ruína da cidadanía que perderá en moitos casos a garantía dun servizo público próximo e de calidade.




















Afectarán aos seguintes servizos: Piscina: pechada. Duchas dos vestiarios: pechadas. Ximnasio e actividades en seco: abertos no horario habitual. O Concello agradece a comprensión da cidadanía.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.
Será na Igrexa de Santa María ás 20:30 h. Debido ao aforo limitado e ao cumprimento da normativa vixente, editaranse entradas que se repartirán no acceso da igrexa o propio día do concerto, onde tamén se realizará o control de acceso.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.
As deputadas do PP lucense no Parlamento galego, Raquel Arias e Nicole Grueira, e a alcaldesa de Cervo, Dolores García, mantiveron na localidade un encontro con mulleres vinculadas ao sector do mar co obxectivo de visibilizar e poñer en valor o seu papel fundamental na economía mariñeira e na vida das vilas costeiras. A reunión serviu como espazo de diálogo e recoñecemento ao traballo que durante anos desenvolveron mariscadoras, redeiras e outras profesionais do sector. As populares manifestaron a súa defensa da igualdade e aseguraron que “sen as mulleres o sector do mar non se atende”.
Será na Explanada do Círculo Habanero, en carpa climatizada. Programa: 13:30: Sesión vermú con Dúo Puma. 14:30: Xantar (fabada, costela con patacas, sobremesa, café e bebida). Prezos: Socios 20 €. Non socios 30 €. Nenos 6–12: 15 €. Menores de 6 anos: gratis. Entradas: domingos 15 e 22 de marzo, de 11:30 a 13:30 no Local Social. Contacto: 682 06 57 07
A feira instalarase na Praza da Constitución e contará con showcookings, catas, música en directo e actividades para todos os públicos. O sábado haberá demostración culinaria con Marcos Pereiro, sesión vermú, talleres infantís e concertos de 9Louro e Mondra. O domingo incluirá showcooking de Miguel Mosteiro, novas catas e a tradicional sesión de baile no Centro Cultural.



