A Mariña, 12 de outubro de 2013. O BNG da Mariña esixiu ao goberno galego e estatal que exerzan aos súas funcións na defensa do sector pesqueiro galego a quen se lle impide traballar pola falta de cotas de pescada obrigando a paralizar as súas actividades a pesar da existencia de datos contrastados sobre a recuperación dos stocks. Os nacionalistas advirten de “non valen de nada acordos unánimes como o aprobado o pasado mes de setembro no parlamento galego cando despois nin o goberno galego nin o do estado son quen de facer xestións para garantir a supervivencia do sector que no caso da Mariña afecta directa e indirectamente a milleiros de persoas”
Nesta liña, os nacionalistas mariñaos, criticaron que no mes de setembro o Partido Popular levara ao parlamento esta iniciativa coa que tentou tapar a incompetencia do goberno galego e estatal para defender o dereito á pesca que a UE está levando á ruína ao non recoñecer a dependencia que ten Galiza en xeral e a comarca da Mariña en particular, de pesquerías como a da pescada con barcos xa parados por falta de cotas.
Os nacionalistas mariñaos ademais cuestionaron a política pesqueira da UE cuxas medidas e directrices van camiño de desmantelar en poucos anos todo o que Galiza leva construído arredor do mar pasando de ser unha comunidade punteira no sector pesqueiro internacional a ser noticia polo constante despezamento de barcos e a redución do sector con consecuencias gravísimas para a economía e o emprego na comarca e no país.






















Afectarán aos seguintes servizos: Piscina: pechada. Duchas dos vestiarios: pechadas. Ximnasio e actividades en seco: abertos no horario habitual. O Concello agradece a comprensión da cidadanía.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.
As deputadas do PP lucense no Parlamento galego, Raquel Arias e Nicole Grueira, e a alcaldesa de Cervo, Dolores García, mantiveron na localidade un encontro con mulleres vinculadas ao sector do mar co obxectivo de visibilizar e poñer en valor o seu papel fundamental na economía mariñeira e na vida das vilas costeiras. A reunión serviu como espazo de diálogo e recoñecemento ao traballo que durante anos desenvolveron mariscadoras, redeiras e outras profesionais do sector. As populares manifestaron a súa defensa da igualdade e aseguraron que “sen as mulleres o sector do mar non se atende”.
Será na Explanada do Círculo Habanero, en carpa climatizada. Programa: 13:30: Sesión vermú con Dúo Puma. 14:30: Xantar (fabada, costela con patacas, sobremesa, café e bebida). Prezos: Socios 20 €. Non socios 30 €. Nenos 6–12: 15 €. Menores de 6 anos: gratis. Entradas: domingos 15 e 22 de marzo, de 11:30 a 13:30 no Local Social. Contacto: 682 06 57 07
A feira instalarase na Praza da Constitución e contará con showcookings, catas, música en directo e actividades para todos os públicos. O sábado haberá demostración culinaria con Marcos Pereiro, sesión vermú, talleres infantís e concertos de 9Louro e Mondra. O domingo incluirá showcooking de Miguel Mosteiro, novas catas e a tradicional sesión de baile no Centro Cultural.
Ás 12:00 h, no Parque Ramón de Campoamor, terá lugar o acto institucional de homenaxe. Pola tarde, no Casino de Navia, haberá actividades abertas ao público: 18:00 h – Recital “Poesía que nos une escondida entre renglones”. 19:00 h – Encontro coa escritora Matilde Suárez, Premio “Ría del Eo”. A alcaldesa, Ana Fernández, destacou o compromiso de Navia por recuperar e poñer en valor o legado do poeta e consolidar o concello como referente cultural.



