Barreiros, 17 de outubro de 2013. O Concello de Barreiros e o veciño Jesús Seivane, coñecido como Suso O Marqués, organizan unha actividade denominada Roteiro pola Ría do Masma, que se vai desenvolver este sábado, día 19 de outubro, a partir das 10 e cuarto da mañá. A saída será dende o embarcadoiro da Anguieira para percorrer a pé pola area o Camiño Real. Haberá agasallos para todos os participantes e os interesados en participar poden inscribirse chamando aos teléfonos 618.75.25.60 ou 615.09.21.15.
O concelleiro de Medio Ambiente, José Manuel Gómez Puente, explicou que “non hai un número limitado de participantes, pódense apuntar ata o venres pola tarde ou acudir á praia da Anguieira e participar”. Tamén comentou que a finalidade desta actividade “é coñecer o noso litoral, facer deporte e fomentar a realización de actividades en grupo”.