Foz, 9 de outubro de 2013. O Concello de Foz construirá sete casetas de madeira para utilizar en diversos eventos e organizará actividades para exaltar produtos do mar, como o berberecho e o chicharrón. Farao cunha subvención de 25.469 euros concedida polo Grupo de Acción Costeira (GAC) A Mariña-Ortegal para destinar a esas iniciativas durante os anos 2014 e 2015.
O primeiro tenente de alcalde e concelleiro do Mar, Pedro Fernández Manín, explicou este mércores que o Concello de Foz “ven de recibir a comunicación dunha subvención concedida polo Grupo de Acción Costeira da Mariña e Ortegal por un total de 25.469 euros. Será destinada, segundo o proxecto presentado coa solicitude, para a construción de sete casetas en madeira, porque ata agora víñamos utilizando as que nos prestaba o Concello de Lourenzá. Servirán para mercados, exposicións e outros eventos, como o Mercado de Nadal e outros similares”.
Fernández Manín engadiu que na subvención do GAC inclúese unha partida de 6.000 euros “destinada á exaltación dos produtos do mar. Ata agora facíase a Festa do Berberecho, que xa está consolidada, pero ademais este grupo de goberno quere facer actividades para exaltar o chicharrón. No concello de Foz hai moitos anos había grandes fábricas que se dedicaban única e exclusivamente ao chamado chicharrón. Entón esa partida será destinada nos anos 2014 e 2015 para, en primeiro lugar, exaltar sobre todo o chicharrón cun evento que ata agora non había en Foz. Trátase de promover produtos do mar que son tradicionais neste concello”.






















Estes recitais, protagonizados por músicos da contorna, nunca defraudan. Sen grandes nomes internacionais, pero cunha sensibilidade musical exquisita, ofrecen sempre unha experiencia artística de gran calidade. Por iso, quen asista gozará dunha nova xornada dentro do Programa Adral, que a Xunta de Cofradías promove con tanto entusiasmo.
O Concello destaca a oportunidade que supón para impulsar a hostalaría local e felicita ás persoas galardoadas pola súa contribución á gastronomía asturiana.
Este texto é o froito de varios anos de investigación e convida profesionais da educación, terapeutas e persoas curiosas a descubrir como o traballo coa arxila libera traumas e favorece unha transformación persoal profunda. Ao remate do acto servirase un viño e un pequeno petisco.
A continuación, as persoas que desexen continuar a conversa e compartir un tempo de convivencia poderán anotarse á comida que se celebrará na Casa da Penela.
Pasados dez minutos das 15 horas deste martes, un particular alertou ao 112 Galicia dun coche envorcado fóra da vía en San Martiño de Ferreiros, Pol. Aconteceu no quilómetro 3 da LU-750, e a única persoa implicada permanecía atrapada no interior. De inmediato, desde o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias activouse un operativo no que participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, os Bombeiros de Vilalba, a Garda Civil de Tráfico e os servizos de mantemento da estrada. Os bombeiros actuaron para liberar á persoa, que foi evacuada en ambulancia polos profesionais sanitarios desprazados ata o lugar.
Unha comedia orientada para público infantil escrita e dirixida por Bea Campos. Hora: 18h.
O investigador achegarase a Ribadeo para falar sobre Urraca, considerada por moitos a emperatriz de todos os galegos e galegas. A entidade xa coñece o bo facer de Picallo, pois en anteriores ocasións participou como ilustrador nas presentacións das novelas Ao sur da liberdade e Entre a vontade e o destino, de Xosé Henrique Costas, deixando unha excelente impresión. Nesta ocasión, o público poderá escoitar ao Picallo historiador, que achegará novos datos sobre o reino de Galiza, unha realidade histórica que durante anos permaneceu agochada e que hoxe se recupera grazas a publicacións e investigacións como a súa.



