Foz, 4 de outubro de 2013. A Delegación de Cultura do Concello de Foz pon en marcha o primeiro Ciclo de Teatro de Outono, que se desenvolverá en Marzán, Nois, Fazouro, Cangas, Vilaronte, San Acisclo, Santa Cilla, San Martiño e Cordido. Empezará o vindeiro venres, 11 de outubro, e rematará o día 1 de decembro. As representacións correrán a cargo dos grupos de teatro focenses A Adala, de Fazouro; Axóuxeres, de Vilaronte, e O Batán, de Cangas.
A primeira actuación do ciclo correrá a cargo de grupo A Adala, que porá en escena a obra Sen seu amor no local da antiga báscula de Marzán o vindeiro venres, día 11, ás 21 horas. A seguinte será o 27 deste mes en Nois e en novembro haberá 6 representacións: o día 2 en Fazouro, o 10 en Cangas, o 16 en Vilaronte, o 17 en San Acisclo, o 22 en Santa Cilla e o 30 en San Martiño. A última será o 1 de decembro en Cordido.
O concelleiro de Cultura, Ánxel Paleo, explica que este programa “é unha iniciativa pensada para encher de vida os nosos locais sociais e ofrecer oportunidades de ocio nas zonas rurais para que tódolos veciños teñan a posibilidade de gozar das artes escénicas neste outono sen ter que desprazarse lonxe. Nesta primeira edición contamos coa colaboración dos tres grupos de teatro do concello de Foz: A Adala, de Fazouro; Axóuxeres, de Vilaronte; e O Batán, de Cangas. Dámoslles as nosas máis expresivas grazas polo esforzo que están a realizar en prol da cultura en xeral e da actividade do concello en particular.”






















A concelleira de Cultura, Ana Cartelle, destacou que “es un privilegio para Ortigueira contar con una formación de la talla de Qvinta Essençia”, e subliñou que o concerto ofrece “una oportunidad única para disfrutar de una música que en su día fue la vanguardia de las cortes europeas”. O recital propón unha viaxe pola lírica e a música do Renacemento, con obras de Guerrero, Morales ou Vázquez e textos de Garcilaso, Boscán ou Lope de Vega.
O evento celebrarase este sábado 25, de abril, na capital lucense. Durante a xornada matinal, o alumnado asistirá a clases impartidas por profesionais de distintas disciplinas, tanto do ámbito da danza clásica como da moderna. Pola tarde, ás 19:30 horas, o grupo da EMMeD subirá ao escenario do Auditorio Gustavo Freire xunto aos demais centros convidados, nunha actuación que servirá como peche desta xornada de convivencia e intercambio artístico.
Un home perdeu a vida este xoves tras sufrir un accidente cunha res no lugar de Carelle Grande, na parroquia do Burgo (Muras). O suceso tivo lugar sobre as 19 horas, cando un familiar deu a voz de alarma ao 112 Galicia e explicou que o implicado fora aplastado polo animal. De inmediato, activouse un operativo no que participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, que desprazaron ao punto o helicóptero medicalizado con base en Santiago, e a Garda Civil. Unha vez alí, os profesionais sanitarios só puideron confirmar o falecemento do home.
Con motivo desta conmemoración, o Concello anima á veciñanza a participar no Certame do Día do Libro, unha iniciativa pensada para fomentar a creatividade en todas as idades. Categorías do certame: Infantil (3-6 anos): creación dun marcapáxinas orixinal. Primaria (7-11 anos): continuación dunha historia proposta. Adultos (12+ anos): relato, anécdota familiar ou continuación da historia proposta. Data límite: 30 de abril. Envío por correo: prensa@concellodecervo.com. Envío por WhatsApp: 683 315 939
A directora, Ana Traseira, e o brand manager, Carlos García, representaron ao centro lucense, que presentou a experiencia “A comunicación: unha nova ponte cara Lugo”, recoñecida co Accésit do Consello Social da UNED 2025. O proxecto destaca pola súa aposta pola innovación, a proximidade e a mellora continua na relación coa contorna. A UNED de Lugo agradeceu a oportunidade de participar nun espazo que reforza a colaboración e contribúe a construír unha universidade máis conectada, accesible e comprometida.
Varios grupos participan en obradoiros de cestería na Devesa e de manualidades en Rinlo, Cinxe e As Anzas. A Área de Benestar Social, Saúde e Familia quere “potenciar deste xeito a convivencia e encher de propostas os locais sociais do noso concello e de entretemento ás persoas que viven nas parroquias de Ribadeo”.
Fixoo no marco do Campionato Galego de Coctelería celebrado no Hostal dos Reis Católicos.



