Lourenzá, 4 de outubro de 2013. O restaurante La Unión foi gañador do concurso da ruta de tapas da Festa da Faba de Lourenzá coa denominada ‘Antoxo do Apóstolo’. O segundo premio é para o Café Bar Cantón con ‘Fabas á cantonada’ e o terceiro logrouno o Bar Airiños do Castro con ‘Fabas da avoa’. Este foi o fallo do xurado que se reuniu na tarde de hoxe no Centro de Interpretación da Faba para probar as 20 tapas presentadas polos 8 establecementos participantes. Estivo formado por 5 persoas: unha en representación da asociación de comerciantes, industriais e autónomos de Lourenzá; outra da asociación Conde Santo; unha terceira da Indicación Xeográfica Protexida Faba de Lourenzá; e dúas do Concello, porque no último momento o patrocinador non puido participar.
A alcaldesa de Lourenzá, Emma Álvarez, que foi unha das compoñentes do xurado, destacou que “o restaurante La Unión levaríase os tres premios, senón o impedisen as bases do concurso. Dúas das tapas dese establecemento, ‘Antoxo do apóstolo’ e Cóctel vilou empataron co maior número de puntos, concretamente 121, e por unanimidade a primeira delas foi a elixida como a mellor. O segundo premio foi para ‘Fabas á cantonada’, do Café Bar Cantón, cun total de 115 puntos. E o terceiro, con 107 puntos, logrouno ‘Fabas da avoa’, do bar Airiños do Castro.”
A ruta de tapas, que empezou este venres, seguirá este sábado, de 12 a 16 horas e de 20 a 23 horas e o domingo ao mediodía.





















A concelleira de Cultura, Ana Cartelle, destacou que “es un privilegio para Ortigueira contar con una formación de la talla de Qvinta Essençia”, e subliñou que o concerto ofrece “una oportunidad única para disfrutar de una música que en su día fue la vanguardia de las cortes europeas”. O recital propón unha viaxe pola lírica e a música do Renacemento, con obras de Guerrero, Morales ou Vázquez e textos de Garcilaso, Boscán ou Lope de Vega.
O evento celebrarase este sábado 25, de abril, na capital lucense. Durante a xornada matinal, o alumnado asistirá a clases impartidas por profesionais de distintas disciplinas, tanto do ámbito da danza clásica como da moderna. Pola tarde, ás 19:30 horas, o grupo da EMMeD subirá ao escenario do Auditorio Gustavo Freire xunto aos demais centros convidados, nunha actuación que servirá como peche desta xornada de convivencia e intercambio artístico.
Un home perdeu a vida este xoves tras sufrir un accidente cunha res no lugar de Carelle Grande, na parroquia do Burgo (Muras). O suceso tivo lugar sobre as 19 horas, cando un familiar deu a voz de alarma ao 112 Galicia e explicou que o implicado fora aplastado polo animal. De inmediato, activouse un operativo no que participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, que desprazaron ao punto o helicóptero medicalizado con base en Santiago, e a Garda Civil. Unha vez alí, os profesionais sanitarios só puideron confirmar o falecemento do home.
Con motivo desta conmemoración, o Concello anima á veciñanza a participar no Certame do Día do Libro, unha iniciativa pensada para fomentar a creatividade en todas as idades. Categorías do certame: Infantil (3-6 anos): creación dun marcapáxinas orixinal. Primaria (7-11 anos): continuación dunha historia proposta. Adultos (12+ anos): relato, anécdota familiar ou continuación da historia proposta. Data límite: 30 de abril. Envío por correo: prensa@concellodecervo.com. Envío por WhatsApp: 683 315 939
A directora, Ana Traseira, e o brand manager, Carlos García, representaron ao centro lucense, que presentou a experiencia “A comunicación: unha nova ponte cara Lugo”, recoñecida co Accésit do Consello Social da UNED 2025. O proxecto destaca pola súa aposta pola innovación, a proximidade e a mellora continua na relación coa contorna. A UNED de Lugo agradeceu a oportunidade de participar nun espazo que reforza a colaboración e contribúe a construír unha universidade máis conectada, accesible e comprometida.
Varios grupos participan en obradoiros de cestería na Devesa e de manualidades en Rinlo, Cinxe e As Anzas. A Área de Benestar Social, Saúde e Familia quere “potenciar deste xeito a convivencia e encher de propostas os locais sociais do noso concello e de entretemento ás persoas que viven nas parroquias de Ribadeo”.
Fixoo no marco do Campionato Galego de Coctelería celebrado no Hostal dos Reis Católicos.



