Burela, 23 de outubro de 2013. O equipo de goberno do Concello de Burela reuniuse para empezar a preparar os orzamentos municipais para o ano 2014. O obxectivo, segundo o concelleiro de Economía, José Casas, é aprobalos no vindeiro mes de novembro e que entren en vigor o día 1 de xaneiro.
Segundo explicou o edil popular “as previsións que estamos manexando en canto a prazos evidentemente pasan por aprobar os orzamentos no pleno ordinario do mes de novembro ou ben, se non fose posible, facer unha sesión extraordinaria un pouco máis adiante. Pero en todo caso será para que os orzamentos entren en vigor o día 1 de xaneiro, porque, como é sabido, despois teñen que estar expostos ao público durante 15 días e os prazos hai que cumprilos. As previsións son que podemos telos pechados a mediados de novembro”.
Sobre as cifras José Casas dixo que “non vai haber grandes variacións respecto aos orzamentos deste ano, polo menos aos que se aprobaron inicialmente porque despois houbo incrementos en función das subvencións que fomos recibindo. Pode haber un aumento moi pequeno en relación cos deste ano, en torno ao 1 por cento aproximadamente. Iso pode significar un incremento no orzamento de ingresos de entre 80.000 e 90.000 euros. Pero tamén se aumenta o capítulo de gastos, porque temos que facer fronte á suba de prezos das distintas subministracións que temos, que todas se encareceron un pouco e polo tanto ese aumento dos ingresos vai ser compensado polo incremento dos gastos”.
O concelleiro de Economía subliñou que “nos orzamentos de 2014 de Burela haberá un factor determinante. Con motivo das célebres facturas por importe dun 1.300.000 euros, que o bipartito deixou pendentes de pagar e sen consignación presupostaria, o noso equipo de goberno viuse na obriga de pedir un crédito no segundo trimestre do pasado ano. Durante 2012 e 2013 solo estivemos abonando intereses, pero o vindeiro ano xa temos que empezar a amortizar capital. A maiores dos intereses teremos que pagar 60.000 euros”. Para José Casas trátase “dunha cifra moi importante que nos vai restar capacidade de manobra. A nós tócanos pagar agora a herdanza do bipartito”.
Casas sinalou que “pouco a pouco cada delegación municipal irá marcando as súas pautas e máis adiante, dentro duns días, teremos unha segunda reunión do equipo de goberno para concretar datos: ver que actuacións se van levar a cabo e con que diñeiro contamos realmente. Agora mesmo cada concelleiro delegado está recompilando datos o feito e o que lle queda por facer neste ano, do diñeiro co que contou neste exercicio e ver se as previsións que ten para o próximo se axustan a esa cantidade, porque non vai haber un grande incremento con respecto a este ano 2013”.























A proposta combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos. As entradas, cun prezo de 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes do inicio. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
Estes servizos sumaranse aos que xa permanecen abertos habitualmente, como os do parque Pernas Peón. O Día das Tortillas, que se celebra o domingo anterior ao Domingo de Ramos, reúne cada ano a veciños e visitantes en varios espazos do municipio. Con esta medida, o Concello busca facilitar o desfrute da xornada e mellorar a comodidade das persoas asistentes. Desde o Concello de Viveiro lémbrase tamén a importancia de facer un uso responsable das instalacións públicas, de manter limpos os espazos naturais e de respectar as n
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
A actividade conta coa colaboración do Concello.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.



