Coa inauguración, en Cervo, do complexo residencial para persoas con enfermidade mental, o primeiro destas características da nosa comarca -e o cuarto en toda Galicia-A Mariña disporá dun novo servizo de benestar chamado a ofrecer unha atención de calidade para os seus futuros usuarios.
A súa apertura é a mellor testemuña do compromiso dun gran número de persoas, entidades e de administracións, precisamente na semana na que se celebra o Día Mundial da Saúde Mental. Xornada, na que poñemos en valor os esforzos daqueles que traballaban por un fin común: a promoción da saúde psíquica e a difusión das reivindicacións e necesidades das persoas con enfermidade mental e dos seus familiares.
Por iso, non sería xusto felicitarse pola apertura deste centro sen facer un recoñecemento expreso á directiva e ao conxunto de persoas que integran a Asociación de Axuda ao Enfermo Mental “A Mariña”, auténticos promotores, alma e corazón, deste ambicioso proxecto que tan ben fará aos seus usuarios.
Son todas estas familias, nas que hai unha persoa con necesidades especiais, os principais protagonistas deste esforzo colectivo, os primeiros na liña da nosa felicitación e admiración: polos seus esforzos no ámbito da protección social, pola súa entrega abnegada, por demostrar que o valor do cariño e dun esforzado traballo diario ten ao final a súa recompensa.
Ás 75 prazas da nova residencia de Cervo, nas que a Xunta investiu 670.000 euros debemos engadir tamén outras moitos apoios nos que vén traballando o Goberno galego, nun ámbito, o do benestar no que, a pesar das dificultades propias da crise ou quizá precisamente por elas, hai que seguir realizando un esforzo especial, xa que sempre hai novas necesidades.
A nova escola infantil de Burela, o proxecto para a construción dunha residencia e centro de día en Foz, o centro de formación ocupacional de Eu Son, as iniciativas de COGAMI, a residencia de Viveiro e outros moitos compromisos que van tomando forma noutros concellos son o camiño a seguir.
Unha senda, a de multiplicar as infraestruturas de benestar nas que xa ten dado pasos o Goberno de Feijóo que, na época de maior dificultade, suma no seu haber nos últimos catro anos máis de 2.800 prazas públicas postas a disposición dos galegos, en residencias e centros de día… Un incremento do 42% con respecto ás prazas existentes en 2009. Só na nosa provincia, creáronse máis de 500 prazas para maiores desde 2009, un 35% máis das que existían nesa data. Por eles, polas súas familias, o Goberno galego ten que seguir esforzándose estando ao carón dos que máis o necesitan.
José Manuel Balseiro Orol
Secretario do Parlamento de Galicia



















Estes recitais, protagonizados por músicos da contorna, nunca defraudan. Sen grandes nomes internacionais, pero cunha sensibilidade musical exquisita, ofrecen sempre unha experiencia artística de gran calidade. Por iso, quen asista gozará dunha nova xornada dentro do Programa Adral, que a Xunta de Cofradías promove con tanto entusiasmo.
O Concello destaca a oportunidade que supón para impulsar a hostalaría local e felicita ás persoas galardoadas pola súa contribución á gastronomía asturiana.
Este texto é o froito de varios anos de investigación e convida profesionais da educación, terapeutas e persoas curiosas a descubrir como o traballo coa arxila libera traumas e favorece unha transformación persoal profunda. Ao remate do acto servirase un viño e un pequeno petisco.
A continuación, as persoas que desexen continuar a conversa e compartir un tempo de convivencia poderán anotarse á comida que se celebrará na Casa da Penela.
Pasados dez minutos das 15 horas deste martes, un particular alertou ao 112 Galicia dun coche envorcado fóra da vía en San Martiño de Ferreiros, Pol. Aconteceu no quilómetro 3 da LU-750, e a única persoa implicada permanecía atrapada no interior. De inmediato, desde o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias activouse un operativo no que participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, os Bombeiros de Vilalba, a Garda Civil de Tráfico e os servizos de mantemento da estrada. Os bombeiros actuaron para liberar á persoa, que foi evacuada en ambulancia polos profesionais sanitarios desprazados ata o lugar.
Unha comedia orientada para público infantil escrita e dirixida por Bea Campos. Hora: 18h.
O investigador achegarase a Ribadeo para falar sobre Urraca, considerada por moitos a emperatriz de todos os galegos e galegas. A entidade xa coñece o bo facer de Picallo, pois en anteriores ocasións participou como ilustrador nas presentacións das novelas Ao sur da liberdade e Entre a vontade e o destino, de Xosé Henrique Costas, deixando unha excelente impresión. Nesta ocasión, o público poderá escoitar ao Picallo historiador, que achegará novos datos sobre o reino de Galiza, unha realidade histórica que durante anos permaneceu agochada e que hoxe se recupera grazas a publicacións e investigacións como a súa.



