Viveiro, 11 de outubro de 2013.- O portavoz do Mar do Grupo Popular, Jose Manuel Balseiro, presentou este venres en rolda de prensa unha iniciativa na que se solicita o rexeitamento do Parlamento de Galicia ante a proposta da Comisión Europea pola que se pretende prohibir, de xeito gradual, o uso das artes de pesca de arrastre e de enmalle nas pesquerías de augas profundas.
Balseiro xulga de “inaceptable, inxustificable e desproporcionada” esta medida que pode aceptar ao futuro de 300 embarcacións galegas e fronte a que busca acadar os apoios da Consellería do Medio Rural e do Mar –que xa deu conta do seu respaldo- dos eurodeputados españois e do Ministerio de Agricultura, Alimentación e Medio Ambiente.
Acompañando ao portavoz do Mar, estaban o tamén parlamentario mariñán, Vidal Martínez-Sierra, o alcalde de O Vicedo, e responsable de pesca do PPdeLugo, Jesús Novo, a concelleira do Mar de Burela, Patricia López, e os portavoces locais do PP de Viveiro, Antonio Bouza e de Ribadeo, Jesús López Penabad; ademais do deputado nacional Jaime de Olano. Todos comparten o rexeitamento ás teses de Bruxelas e a preocupación polo futuro dun sector de importancia dentro da flota galega e comarcal.
REFORMA DO REGULAMENTO
Balseiro explicou que a Comisión Europea (CE) propuxo unha reforma dos Regulamentos comunitarios que implicaría a eliminación progresiva das autorizacións de pesca por medio de redes de arrastre de fondo ou de redes de enmalle, unha decisión que afectaría a buques españois, franceses e portugueses e, moi en particular, galegos. A súa vez o Parlamento debate un informe, promovido por un eurodeputado socialista grego, Kriton Arsenis, partidario destas teses.
A escusa empregada polos defensores desta proposta é a de evitar capturas accesorias e a degradación do fondo mariño en zonas vulnerables, pero Balseiro lembra, que os primeiros interesados en desenvolver unha actividade pesqueira sostible son os profesionais do sector, “evitando a sobreexplotación dos recursos e zonas de corais onde poden engancharse os aparellos”. Nesa liña considera un erro prohibir o arrastre na súa totalidade e di que como alternativa “deberan determinarse as áreas prioritarias de traballo, os solos areosos e fangosos”.
ARRASTRE DE FONDO
Balseiro tamén explicou que, de levarse acabo a proposta de Bruxelas, provocaría un impacto negativo na competitividade dun amplo sector da flota galega composto de máis de 300 embarcacións que dan emprego directo a entorno a 2.500 profesionais
Falamos, explicou Balseiro, de 164 arrastreiros, que faenan en augas internacionais, de Gran Sol e do litoral cantábrico, 140 buques que faenan con artes de enmalle na costa litoral cantábrica, 100 da flota de artes menores e 10 máis que faenan baixo outras bandeiras comunitarias, pero de capital galego.
Desde o punto de vista económico se estima que este sector podería verse afectado por perdas estimadas en 80 millóns de euros e, no ámbito social, ameazaría a uns 2.500 empregos. Cifras “que dan mostra de que estaríamos nunha decisión amplamente negativa para Galicia”-segundo o voceiro popular.
PESCA EN AUGAS PROFUNDAS
A pesca de arrastre de fondo en augas profundas do nordeste Atlántico ascende a unhas 34.300 toneladas, é dicir, ao redor do 1 % do total de desembarcos na zona (3,5 millóns de toneladas).
Os buques activos nas pesquerías de augas profundas son os grandes navíos que operan na costa oeste das illas británicas, baseados principalmente en Galicia, Asturias, o País Vasco, Bretaña e Normandía (Francia). Pero tamén inclúe aos buques que se dedican á pesca artesanal de palangre en zonas ultraperiféricas, como as illas Canarias, Azores ou Madeira.
A captura de recursos de augas profundas é un complemento para os ingresos dos pescadores, sobre todo de altura, dedicados a extraer especies principais como a pescada, o rape ou o fletán.
A MARIÑA
No caso concreto da Mariña lucense o número de embarcacións afectadas por esta medida achegaríanse a preto dun centenar, 44 barcos de palangre de fondo, de NEAFC e Caldoiro Nacional, 31 de arrastre, 4 de enmalle e volantas, e un pequeno número de artes menores.




















Afectarán aos seguintes servizos: Piscina: pechada. Duchas dos vestiarios: pechadas. Ximnasio e actividades en seco: abertos no horario habitual. O Concello agradece a comprensión da cidadanía.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.
Será na Igrexa de Santa María ás 20:30 h. Debido ao aforo limitado e ao cumprimento da normativa vixente, editaranse entradas que se repartirán no acceso da igrexa o propio día do concerto, onde tamén se realizará o control de acceso.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.
As deputadas do PP lucense no Parlamento galego, Raquel Arias e Nicole Grueira, e a alcaldesa de Cervo, Dolores García, mantiveron na localidade un encontro con mulleres vinculadas ao sector do mar co obxectivo de visibilizar e poñer en valor o seu papel fundamental na economía mariñeira e na vida das vilas costeiras. A reunión serviu como espazo de diálogo e recoñecemento ao traballo que durante anos desenvolveron mariscadoras, redeiras e outras profesionais do sector. As populares manifestaron a súa defensa da igualdade e aseguraron que “sen as mulleres o sector do mar non se atende”.
Será na Explanada do Círculo Habanero, en carpa climatizada. Programa: 13:30: Sesión vermú con Dúo Puma. 14:30: Xantar (fabada, costela con patacas, sobremesa, café e bebida). Prezos: Socios 20 €. Non socios 30 €. Nenos 6–12: 15 €. Menores de 6 anos: gratis. Entradas: domingos 15 e 22 de marzo, de 11:30 a 13:30 no Local Social. Contacto: 682 06 57 07
A feira instalarase na Praza da Constitución e contará con showcookings, catas, música en directo e actividades para todos os públicos. O sábado haberá demostración culinaria con Marcos Pereiro, sesión vermú, talleres infantís e concertos de 9Louro e Mondra. O domingo incluirá showcooking de Miguel Mosteiro, novas catas e a tradicional sesión de baile no Centro Cultural.



