Santiago, 2 de outubro de 2013.- O Parlamento de Galicia aprobou este mércores a iniciativa do Grupo Popular na que se reclama a imposición de sancións a Islandia e ás Illas Feroe pola sobrepesca de xarda. As flotas destes dous países comparten coa flota europea as augas dos caladoiros do Atlántico nordeste e, polo tanto, faenan sobre os mesmos recursos pesqueiros que pode verse afectado por esta situación de pesca incontrolada.
O acordo, máis en concreto, insta ao Goberno galego a dirixirse á Comisión Europea, aos deputados das forzas parlamentarias galegas con representación na Eurocámara e ao Ministerio de Agricultura, Alimentación e Medio Ambiente para demandarlles a continuidade no apoio para a posta en marcha de medidas sancionadoras comerciais contra Islandia e as Illas Feroe mentres persistan en sobreexplotar os stocks comunitarios de xarda.
Balseiro foi moi crítico cos partidos da oposición (PSOE, BNG e AGE) que non quixeron sumarse a esta petición, a pesar de que esta a ser defendida polos propios profesionais do sector. Neste sentido, sinalou que o Partido Popular estará sempre ao carón dos intereses de Galicia e propoñendo iniciativas no Parlamento galego que responda a estes obxectivos.
AUMENTO UNILATERAL DE CAPTURAS
O portavoz do Mar dos populares galegos explicou que ambas flotas decidiron unilateralmente o aumento das capturas moi por riba dos seus dereitos históricos e sen ningún respecto polos informes científicos. Así, Islandia incrementou as súas capturas de 2.000 hasta 130.000 toneladas e no caso das Illas Feroe fixo o propio incrementando de 25.000 a 85.000 toneladas. Os populares temen que estas decisións rematen por comprometer a situación biolóxica desta especie e, en consecuencia, prexudique ao conxunto das flotas.
Balseiro lembrou durante a súa intervención que UE dotouse en setembro de 2012 dun instrumento legal que permite impoñer sancións no caso de que xurdan este tipo de problemas e fallen as negociacións con eses países. As posibles medidas comerciais que formarían parte das sancións van desde prohibicións á importación ata o bloqueo dos portos da UE para os buques pesqueiros dos países incumpridores.
Balseiro aclarou que a Unión Europea xa iniciou un proceso sancionador contra as Illas Feroe, que aplauden os populares galegos e insiste na importancia de ampliar estas sancións para que tamén inclúan á flota islandesa.
APOIO DA XUNTA E DO ESTADO
Balseiro tamén dixo que esta petición, reforzada agora con este acordo do Parlamento a pesar da negativa dos tres grupos da oposición, tamén conta co apoio da Xunta de Galicia, do Goberno de España e dos Executivos de Francia, Reino Unido e Irlanda, que veñen de insistir á Unión Europea para que poña en marcha estas sancións.
“Non parece moi lóxico que, mentres as flotas comunitarias están apostando pola sostibilidade pesqueira, de tal xeito que adaptamos as nosas posibilidades de pesca de conformidade cos ditames científicos, existan países que unilateralmente renuncien a todo esforzo de conservación e fixen as súas cotas individualmente sen ningunha restrición”, conclúe o deputado popular.



















A proposta combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos. As entradas, cun prezo de 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes do inicio. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
Estes servizos sumaranse aos que xa permanecen abertos habitualmente, como os do parque Pernas Peón. O Día das Tortillas, que se celebra o domingo anterior ao Domingo de Ramos, reúne cada ano a veciños e visitantes en varios espazos do municipio. Con esta medida, o Concello busca facilitar o desfrute da xornada e mellorar a comodidade das persoas asistentes. Desde o Concello de Viveiro lémbrase tamén a importancia de facer un uso responsable das instalacións públicas, de manter limpos os espazos naturais e de respectar as n
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
A actividade conta coa colaboración do Concello.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.



