Sérgio Tannus Trío presentará o vindeiro domingo, 6 de outubro, o seu traballo Son Brasilego en Ribadeo. Será ás 20 horas no Teatro. O multiinstrumentista e autodidacta brasileiro Sérgio Tannus leva varios anos vivindo en Santiago de Compostela. O seu disco é unha ponte musical entre Galicia e Brasil. O prezo das entradas será de 5 euros, aínda que desempregados, xubilados e estudantes pagarán só 2 euros. O de Sérgio Tannus Trío será o primeiro concerto dos cinco que terán lugar durante este outono-inverno dentro do ciclo Músicas Posibeis, que organiza a Concellaría de Cultura de Ribadeo.
Sérgio Tannus Trío inaugura Músicas Posibeis 2013
Sérgio Tannus Trío inaugura Músicas Posibeis 2013
Relacionado
-
Charla sobre a Lei de Costas e a Axencia de Protección da Legalidade Urbanística en Burela
-
O 10 de maio desprazarase a Alfoz a ITV móbil para realizar inspeccións técnicas periódicas tanto a motos como a ciclomotores
-
Durante esta semana o persoal de Vigilancia Aduanera de Ribadeo realizou cursos de adestramento de intervención con medios non letais no marco da formación continua programada pola Regional de Aduanas de Galicia