Ribadeo, 17 de outubro de 2013. O presidente do Partido Popular de Ribadeo, Jesús López Penabad, critica ao goberno local pola gran cantidade de excrementos de cans que hai nas beirarrúas da vila e polo abandono no que están lugares como o parque do Mineral ou as antigas vivendas dos profesores, na rúa Francisco Lanza.
Jesús López Penabad denuncia o estado no que se atopan as beirarrúas de Ribadeo, porque “son un auténtico asco, pois hai que ir sorteando os excrementos dos cans. Eu non sei se un problema de falta de persoal para limpar ou se hai outro motivo. Creo que o Concello, concretamente o concelleiro de Medio Ambiente, Horacio Cupeiro, ten que poñerse as pilas, porque pasear por Ribadeo hoxe sorteando os excrementos dos cans é algo cotián entre os viandantes. E iso deixa bastante que desexar dun pobo do que sempre presumimos do bonito que é, pero realmente está abandonado ao máximo”.
Por outra parte o presidente dos populares ribadenses denunciou o mal estado no que se atopa o parque do Mineral: “quero recordar, porque xa o dixemos en reiteradas ocasións, que no parque do Mineral, á entrada de Ribadeo antes do Parador, as vallas seguen caídas e rotas; e aquel peche que puxeron cun cordón, que parece para animais máis que para persoas, xa rompeu tamén. Aquilo está en condicións lamentables e dá unha imaxe penosa e ademais existe inseguridade”.
López Penabad tamén se lembrou das antigas vivendas dos profesores do instituto, porque “alí mandaron xente para intentar pechar aquilo, pero non o fixeron. E ademais alí hai unha silveira con condicións insalubres para os veciños. Non é que o diga o Partido Popular, calquera que se pase por alí pode preguntarlles aos veciños, que están fartos de ver aquilo así día tras día, mes tras mes e, a este paso, ano tras ano. Paréceme que non é tan difícil mandar persoal para que vaia desbrozar e limpar aquilo; e despois pechalo en condicións”.
Para rematar o presidente do PP comentou que “isto pode velo calquera viandante que pase por Ribadeo e realmente dá pena. Este pobo tan bonito que temos deixa bastante que desexar, por culpa duns gobernantes ineficaces”.





















Afectarán aos seguintes servizos: Piscina: pechada. Duchas dos vestiarios: pechadas. Ximnasio e actividades en seco: abertos no horario habitual. O Concello agradece a comprensión da cidadanía.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.
Será na Igrexa de Santa María ás 20:30 h. Debido ao aforo limitado e ao cumprimento da normativa vixente, editaranse entradas que se repartirán no acceso da igrexa o propio día do concerto, onde tamén se realizará o control de acceso.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.
As deputadas do PP lucense no Parlamento galego, Raquel Arias e Nicole Grueira, e a alcaldesa de Cervo, Dolores García, mantiveron na localidade un encontro con mulleres vinculadas ao sector do mar co obxectivo de visibilizar e poñer en valor o seu papel fundamental na economía mariñeira e na vida das vilas costeiras. A reunión serviu como espazo de diálogo e recoñecemento ao traballo que durante anos desenvolveron mariscadoras, redeiras e outras profesionais do sector. As populares manifestaron a súa defensa da igualdade e aseguraron que “sen as mulleres o sector do mar non se atende”.
Será na Explanada do Círculo Habanero, en carpa climatizada. Programa: 13:30: Sesión vermú con Dúo Puma. 14:30: Xantar (fabada, costela con patacas, sobremesa, café e bebida). Prezos: Socios 20 €. Non socios 30 €. Nenos 6–12: 15 €. Menores de 6 anos: gratis. Entradas: domingos 15 e 22 de marzo, de 11:30 a 13:30 no Local Social. Contacto: 682 06 57 07
A feira instalarase na Praza da Constitución e contará con showcookings, catas, música en directo e actividades para todos os públicos. O sábado haberá demostración culinaria con Marcos Pereiro, sesión vermú, talleres infantís e concertos de 9Louro e Mondra. O domingo incluirá showcooking de Miguel Mosteiro, novas catas e a tradicional sesión de baile no Centro Cultural.



