Ribadeo 16 de outubro de 2013. O presidente do PP de Ribadeo, Jesús López Penabad, criticou esta mañá o feito do rexedor, Fernando Suárez, quen no día de onte, se adicou a promocionar o traballo que está a realizar a Xunta de Galicia para intentar levar él mesmo os méritos.
“Outra vez máis, e xa non nos colle por sorpresa, o señor rexedor, anuncia o traballo que fan outros, para intentar confundir aos veciños e pensen que é él o que se preocupa por levar a cabo estas tarefas”- manifestou Penabad quen lembrou que é o goberno galego, o preocupado por levar a cabo esta remodelación.
Jesús López Penabad afirmou que nesta ocasión estamos ante unhas obras de remodelación da Rúa Ramón González. Uns traballos que custan 110.000 euros e para os que o Goberno Galego destina o 75% da inversión
Concluíu o presidente dos populares de Ribadeo agradecendo á Xuntade Galicia o seu esforzo e compromiso con Ribadeo, posto que, malia a unha época difícil, fai fronte a máis da mitade do custe destas obras tan necesarias para vila.