Mal partido o disputado polo Viveiro diante do Cidade de Lugo no Pavillón do Palomar de Lugo, no que non se puideron confirmar as boas sensacións amosadas no primeiro partido de liga diante do Castro.
O Partido comezou coa presión a toda a pista do Viveiro que facía que se recuperaran balóns con facilidade e daba o control do partido as xogadoras viveirenses, que nembargantes no transformaban ese control en oportunidades debido a pouca verticalidade do seu xogo e a defensa zonal proposta polo equipo rival, que unha e outra vez provocaba os erros no último pase das xogadoras do Viveiro, o que facía que o Cidade de Lugo tivera as súas oportunidades a contra, o que aproveitaron para adiantarse no marcador mediada a primeira metade, o que fixo que os nervios e a precipitación aflorasen nas xogadoras visitantes que non atopaban a maneira de romper o esquema defensivo rival e seguína incurrindo en continuas perdas de balón. Pese a todo, nos minutos finais desta primeira metade, a maior calidade das xogadoras visitantes logrou que estas acadasen dous tantos e se foran aos vestiarios con ventaxa de dous goles a un.
A reanudación da segunda parte seguio polos mesmos cauces dos minutos finais da primeira, e pese ao xogo un tanto deslabazado do Viveiro, este logrou subir o terceiro tanto ao marcador, o que provocou a reacción local, que adiantou liñas e fixo unha defensa individual a toda a cancha, o que fixo que o partido entrase nunha dinámica de continuos ataques e contraataques por un e outro lado, xa que as xogadoras do Viveiro non sopueron en ningún momento xogar diante desa defensa e xogar co marcador, claramente a favor, do que dispuñan, entrando no xogo que lle interesaba as xogadoras locais, que aproveitaron unha falta e un erro na saida de presión do Viveiro, para por o empate no marcador a falla de escasos minutos para o final do encontro.
O Vindeiro sábado día 2 de Novembro o Viveiro recibe ao Guntin FSF no pavillón Antonio Tarrio.
Cidade de Lugo 3 – Viveiro FSF 3
Cidade de Lugo.: Sheila, Natalia, Marta, Carmen y Marta I. Tamén xogaron.: CHeyenne, Ana e Lucia.
Viveiro.: Diandra, Andrea, Marta, Mery e Xiana. Tamén Xogaron.: Lorena, Raquel, Nerea e Goretti
Goles: Marta I (2) e Carmen, polo Cidade de Lugo e Nerea, Marta e Mery polo Viveiro.























Afectarán aos seguintes servizos: Piscina: pechada. Duchas dos vestiarios: pechadas. Ximnasio e actividades en seco: abertos no horario habitual. O Concello agradece a comprensión da cidadanía.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.
As deputadas do PP lucense no Parlamento galego, Raquel Arias e Nicole Grueira, e a alcaldesa de Cervo, Dolores García, mantiveron na localidade un encontro con mulleres vinculadas ao sector do mar co obxectivo de visibilizar e poñer en valor o seu papel fundamental na economía mariñeira e na vida das vilas costeiras. A reunión serviu como espazo de diálogo e recoñecemento ao traballo que durante anos desenvolveron mariscadoras, redeiras e outras profesionais do sector. As populares manifestaron a súa defensa da igualdade e aseguraron que “sen as mulleres o sector do mar non se atende”.
Será na Explanada do Círculo Habanero, en carpa climatizada. Programa: 13:30: Sesión vermú con Dúo Puma. 14:30: Xantar (fabada, costela con patacas, sobremesa, café e bebida). Prezos: Socios 20 €. Non socios 30 €. Nenos 6–12: 15 €. Menores de 6 anos: gratis. Entradas: domingos 15 e 22 de marzo, de 11:30 a 13:30 no Local Social. Contacto: 682 06 57 07
A feira instalarase na Praza da Constitución e contará con showcookings, catas, música en directo e actividades para todos os públicos. O sábado haberá demostración culinaria con Marcos Pereiro, sesión vermú, talleres infantís e concertos de 9Louro e Mondra. O domingo incluirá showcooking de Miguel Mosteiro, novas catas e a tradicional sesión de baile no Centro Cultural.
Ás 12:00 h, no Parque Ramón de Campoamor, terá lugar o acto institucional de homenaxe. Pola tarde, no Casino de Navia, haberá actividades abertas ao público: 18:00 h – Recital “Poesía que nos une escondida entre renglones”. 19:00 h – Encontro coa escritora Matilde Suárez, Premio “Ría del Eo”. A alcaldesa, Ana Fernández, destacou o compromiso de Navia por recuperar e poñer en valor o legado do poeta e consolidar o concello como referente cultural.
