O vindeiro sábado 12 de outubro os equipos alevín masculino e feminino das E.D. Lourenzá Mondoñedo desprazaranse ata o Barco de Valdeorras para participar no Campionato Galego por equipos.
Ademais dos pupilos das Escolas Lourenzá Mondoñedo, tamén loitarán polo pódio outros clubs coma o Franciscanos de Lugo, Afflelou Narón, o anfitrión Adas, Vila de Cangas (Vigo) e Club Atletismo Sada.
Na categoria alevín masculino a escadra estará formada por:
– Xoel Otero: 60 metros lisos.
– Aleix Diaz: 500 metros lisos.
– Adnan Itrih: 1000 metros lisos.
– Imad Itrih: 2 kilómetros marcha.
– Hugo Rguez: Peso.
– Hugo Rguez: Lonxitude
– Xaquín Sánchez: Altura.
– Relevos 4 por 60: Xoel Otero, Aleix Diaz, Adnan Itrih, Xaquín Sánchez.
Na categoria alevín feminino a escadra estará formada por:
– Aroa Sordo: 60 metros lisos.
– Ainara Rodríguez: 500 metros lisos.
– Ana Vallines: 1000 metros lisos.
– Mencía Martínez-Sierra: 2 kilómetros marcha.
– Mencía Martínez-Sierra: Peso.
– Claudia Graña: Lonxitude.
– Ainoa López: Altura.
-Relevos 4 por 60: Ainara Rodríguez, Ana Vallines, Claudia Graña, Ainoa López.
Parte da expedición viaxará xa o venres a partir das 18,00 horas e o resto da expedición desprazarase o sábado ás 7,00 horas.
A pesar de estar o equipo composto por atletas a maioría de primeiro ano, os deportistas mariñáns intentarán facer un bo papel.
Na fotografía (de esquerda a dereita): Adnan, Ainara, Xaquín, Imad, Aroa, Claudia, Xoel, Ainoa, Hugo, Ana, Aleix e Mencía.





















Estes recitais, protagonizados por músicos da contorna, nunca defraudan. Sen grandes nomes internacionais, pero cunha sensibilidade musical exquisita, ofrecen sempre unha experiencia artística de gran calidade. Por iso, quen asista gozará dunha nova xornada dentro do Programa Adral, que a Xunta de Cofradías promove con tanto entusiasmo.
O Concello destaca a oportunidade que supón para impulsar a hostalaría local e felicita ás persoas galardoadas pola súa contribución á gastronomía asturiana.
Este texto é o froito de varios anos de investigación e convida profesionais da educación, terapeutas e persoas curiosas a descubrir como o traballo coa arxila libera traumas e favorece unha transformación persoal profunda. Ao remate do acto servirase un viño e un pequeno petisco.
A continuación, as persoas que desexen continuar a conversa e compartir un tempo de convivencia poderán anotarse á comida que se celebrará na Casa da Penela.
Pasados dez minutos das 15 horas deste martes, un particular alertou ao 112 Galicia dun coche envorcado fóra da vía en San Martiño de Ferreiros, Pol. Aconteceu no quilómetro 3 da LU-750, e a única persoa implicada permanecía atrapada no interior. De inmediato, desde o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias activouse un operativo no que participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, os Bombeiros de Vilalba, a Garda Civil de Tráfico e os servizos de mantemento da estrada. Os bombeiros actuaron para liberar á persoa, que foi evacuada en ambulancia polos profesionais sanitarios desprazados ata o lugar.
Unha comedia orientada para público infantil escrita e dirixida por Bea Campos. Hora: 18h.
O investigador achegarase a Ribadeo para falar sobre Urraca, considerada por moitos a emperatriz de todos os galegos e galegas. A entidade xa coñece o bo facer de Picallo, pois en anteriores ocasións participou como ilustrador nas presentacións das novelas Ao sur da liberdade e Entre a vontade e o destino, de Xosé Henrique Costas, deixando unha excelente impresión. Nesta ocasión, o público poderá escoitar ao Picallo historiador, que achegará novos datos sobre o reino de Galiza, unha realidade histórica que durante anos permaneceu agochada e que hoxe se recupera grazas a publicacións e investigacións como a súa.
