Os Axóuxeres chegan a Burela o vindeiro domingo, 13 de outubro. Será na Casa da Cultura ás 12 da mañá. A entrada é de balde. Segundo informa a Concellería de Cultura “trátase de encontros para a xente miúda da casa. É unha festa da música, dos xogos e das palabras”. A actuación ten unha duración aproximada de 35 minutos. Este espectáculo foi creado para ofrecerlles aos cativos un espazo onde disfrutar e abrirse ao descubrimento do mundo en galego. Na obra cóntanse historias adaptadas aos nenos e ás nenas menores de seis anos, mesturadas con cancións. Os Axóuxeres recalan en Burela da man da Xunta de Galicia, a través da Rede de Dinamización Lingüística, e o Concello.
Os Axóuxeres en Burela
Os Axóuxeres en Burela
Relacionado
-
Ás cinco da tarde deste sábado saía das inmediacións do Parque de San Francisco a XI Media Maratón Ribadeo-As Catedrais na que se inscribiron máis dun milleiro de corredoras e corredores.
-
O delegado territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias, asistiu á III Festa dos Ovos Rotos con Chourizo e Feira de Artesanía, que este sábado se está a celebrar en Ribeiras de Lea (Castro de Rei)
-
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural, Paz Rodríguez, reuniuse este sábado co alcalde da Fonsagrada, Carlos López, para abordar algunhas cuestións de interese para este municipio