Burela, 28 de outubro de 2013. Os fortes ventos da pasada noite deixaron importantes danos materiais nunha vivenda e en dous coches contra os que impactaron os tellados de dous galpóns na rúa Castelao. O alcalde, José Mª González Barcia, dixo que “afortunadamente non houbo lamentar desgrazas persoais”.
O rexedor explicou que “durante a pasada noite aquí en Burela sufríronse fortes rachas de vento que causaron algúns problemas coma desprendemento de vallas nunha finca próxima ao Hospital da Costa, desprazamento dalgunha farola, desprendemento das ancoraxes dalgúns contedores do lixo e o máis importante de todo foi o desprendemento dos tellados de dous galpóns na rúa Castelao, que impactaron contra as Casas Baratas de Antonio Garelli e contra unha vivenda provocándolle danos de certa consideración”.
González Barcia subliñou que “non houbo que lamentar ningún ferido, todos os danos son materiais. Hai dous coches con bastantes danos, esa casa da que falaba na praza Antonio Garelli e a cornixa das Casas Baratas que dan á rúa Castelao. Fora diso e a pesares das fortes rachas de vento, que se viviron durante a pasada noite, non hai que lamentar ningún outro tipo de incidente”.























Afectarán aos seguintes servizos: Piscina: pechada. Duchas dos vestiarios: pechadas. Ximnasio e actividades en seco: abertos no horario habitual. O Concello agradece a comprensión da cidadanía.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.
As deputadas do PP lucense no Parlamento galego, Raquel Arias e Nicole Grueira, e a alcaldesa de Cervo, Dolores García, mantiveron na localidade un encontro con mulleres vinculadas ao sector do mar co obxectivo de visibilizar e poñer en valor o seu papel fundamental na economía mariñeira e na vida das vilas costeiras. A reunión serviu como espazo de diálogo e recoñecemento ao traballo que durante anos desenvolveron mariscadoras, redeiras e outras profesionais do sector. As populares manifestaron a súa defensa da igualdade e aseguraron que “sen as mulleres o sector do mar non se atende”.
Será na Explanada do Círculo Habanero, en carpa climatizada. Programa: 13:30: Sesión vermú con Dúo Puma. 14:30: Xantar (fabada, costela con patacas, sobremesa, café e bebida). Prezos: Socios 20 €. Non socios 30 €. Nenos 6–12: 15 €. Menores de 6 anos: gratis. Entradas: domingos 15 e 22 de marzo, de 11:30 a 13:30 no Local Social. Contacto: 682 06 57 07
A feira instalarase na Praza da Constitución e contará con showcookings, catas, música en directo e actividades para todos os públicos. O sábado haberá demostración culinaria con Marcos Pereiro, sesión vermú, talleres infantís e concertos de 9Louro e Mondra. O domingo incluirá showcooking de Miguel Mosteiro, novas catas e a tradicional sesión de baile no Centro Cultural.
Ás 12:00 h, no Parque Ramón de Campoamor, terá lugar o acto institucional de homenaxe. Pola tarde, no Casino de Navia, haberá actividades abertas ao público: 18:00 h – Recital “Poesía que nos une escondida entre renglones”. 19:00 h – Encontro coa escritora Matilde Suárez, Premio “Ría del Eo”. A alcaldesa, Ana Fernández, destacou o compromiso de Navia por recuperar e poñer en valor o legado do poeta e consolidar o concello como referente cultural.



