Santiago de Compostela, 18 de outubro de 13. O portavoz de Pesca do Grupo Socialista advertiu este venres que o goberno galego tardou apenas un día en anunciar o incumprimento das súas propias propostas de resolución aprobadas onte polo PP en materia de Pesca. Así o dixo no debate dunha pregunta oral para que o goberno galego explique os plans de xestión específicos para a pesca galega.
O parlamentario socialista advertiu que si o PP aprobaba onte unha iniciativa para que a Xunta poña en marcha plans de xestión plurianual, a Consellería de Pesca confirmou que a única iniciativa para o próximo ano é “tratar de modificar o RD 15/11” que regula a pesca extractiva, desbotando aprobar ningún plan de xestión mais dos que hai ata o de agora.
José Ramón Val considera que o goberno galego presenta “unha bagaxe moi pobre” que a única iniciativa do goberno galego en materia de pesca sexa incumprir a iniciativa do seu propio partido e a cambio anuncien a modificación dun Real Decreto elaborado e aprobado por eles mesmos en 2011 e que “agora consideran moi ríxido”.
Lamentou que o goberno galego non sexa quén de precisar qué plans de xestión plurianual pretenden elaborar “nin qué especies nin qué artes pesqueiras van afectar os ditos plans”.
Val lamentou a falla de concreción do goberno galego á hora de precisar as accións previstas en materia de xestión pesqueira mais alá de “xeneralidades sen contido”. Lembrou que o goberno fixo unha comparecencia dunha hora de duración en Comisión a comezos de setembro para falar dunha “política de xestión pesqueira mais moderna, baseada na sostibilidade e cunha xestión compartida” sen precisar unha soa medida.





















Afectarán aos seguintes servizos: Piscina: pechada. Duchas dos vestiarios: pechadas. Ximnasio e actividades en seco: abertos no horario habitual. O Concello agradece a comprensión da cidadanía.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.
As deputadas do PP lucense no Parlamento galego, Raquel Arias e Nicole Grueira, e a alcaldesa de Cervo, Dolores García, mantiveron na localidade un encontro con mulleres vinculadas ao sector do mar co obxectivo de visibilizar e poñer en valor o seu papel fundamental na economía mariñeira e na vida das vilas costeiras. A reunión serviu como espazo de diálogo e recoñecemento ao traballo que durante anos desenvolveron mariscadoras, redeiras e outras profesionais do sector. As populares manifestaron a súa defensa da igualdade e aseguraron que “sen as mulleres o sector do mar non se atende”.
Será na Explanada do Círculo Habanero, en carpa climatizada. Programa: 13:30: Sesión vermú con Dúo Puma. 14:30: Xantar (fabada, costela con patacas, sobremesa, café e bebida). Prezos: Socios 20 €. Non socios 30 €. Nenos 6–12: 15 €. Menores de 6 anos: gratis. Entradas: domingos 15 e 22 de marzo, de 11:30 a 13:30 no Local Social. Contacto: 682 06 57 07
A feira instalarase na Praza da Constitución e contará con showcookings, catas, música en directo e actividades para todos os públicos. O sábado haberá demostración culinaria con Marcos Pereiro, sesión vermú, talleres infantís e concertos de 9Louro e Mondra. O domingo incluirá showcooking de Miguel Mosteiro, novas catas e a tradicional sesión de baile no Centro Cultural.
Ás 12:00 h, no Parque Ramón de Campoamor, terá lugar o acto institucional de homenaxe. Pola tarde, no Casino de Navia, haberá actividades abertas ao público: 18:00 h – Recital “Poesía que nos une escondida entre renglones”. 19:00 h – Encontro coa escritora Matilde Suárez, Premio “Ría del Eo”. A alcaldesa, Ana Fernández, destacou o compromiso de Navia por recuperar e poñer en valor o legado do poeta e consolidar o concello como referente cultural.



