Dende o PSdG-PSOE de Burela, queremos denunciar como en outras ocasións xa temos feito o estado de abandono xeral do pobo de Burela. Parecéndonos grave a imaxe de deixadez que se está a mostrar, máis nos preocupan aquelas cousas que poden xerar un risco para a integridade física dos noso veciños e veciñas.
Dicimos isto en referencia a dúas situacións realmente graves e que supoñen un risco manifesto para os veciños. A primeira situación que nos parece moi grave e que se debería de arranxar á maior brevidade é a situación na que se atopa a parte superior do semáforo na Avenida Arcadio Pardiñas á altura das oficinas do Burela F.S., que ten o soporte danado e que supón un grave risco en caso de que as inclemencias do tempo fagan que caia sobre a calzada.
E a segunda situación que nos parece tamén preocupante é o estado de abandono na que se encontra a xardineira sita enfronte da estación de autobuses que obriga ós condutores a facer o stop que indica no medio do cruce, có risco de accidente que isto supón.
Dende o PSdeG-PSOE de Burela xa vimos denunciando situacións deste tipo dende fai tempo, e temos que criticar a deixadez, o “desgoberno” e a desidia que se manifesta no que di ser o equipo de goberno de Burela. Imos a recomendarlles que se deixen de tantos viaxes fóra do pobo, e se dean unha voltiña polo pobo para poder detectar estas deficiencias. Aínda que xa sabemos que lles sae máis rendible viaxar por outros lares á conta dos veciños e veciñas de Burela.






















Afectarán aos seguintes servizos: Piscina: pechada. Duchas dos vestiarios: pechadas. Ximnasio e actividades en seco: abertos no horario habitual. O Concello agradece a comprensión da cidadanía.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.
As deputadas do PP lucense no Parlamento galego, Raquel Arias e Nicole Grueira, e a alcaldesa de Cervo, Dolores García, mantiveron na localidade un encontro con mulleres vinculadas ao sector do mar co obxectivo de visibilizar e poñer en valor o seu papel fundamental na economía mariñeira e na vida das vilas costeiras. A reunión serviu como espazo de diálogo e recoñecemento ao traballo que durante anos desenvolveron mariscadoras, redeiras e outras profesionais do sector. As populares manifestaron a súa defensa da igualdade e aseguraron que “sen as mulleres o sector do mar non se atende”.
Será na Explanada do Círculo Habanero, en carpa climatizada. Programa: 13:30: Sesión vermú con Dúo Puma. 14:30: Xantar (fabada, costela con patacas, sobremesa, café e bebida). Prezos: Socios 20 €. Non socios 30 €. Nenos 6–12: 15 €. Menores de 6 anos: gratis. Entradas: domingos 15 e 22 de marzo, de 11:30 a 13:30 no Local Social. Contacto: 682 06 57 07
A feira instalarase na Praza da Constitución e contará con showcookings, catas, música en directo e actividades para todos os públicos. O sábado haberá demostración culinaria con Marcos Pereiro, sesión vermú, talleres infantís e concertos de 9Louro e Mondra. O domingo incluirá showcooking de Miguel Mosteiro, novas catas e a tradicional sesión de baile no Centro Cultural.
Ás 12:00 h, no Parque Ramón de Campoamor, terá lugar o acto institucional de homenaxe. Pola tarde, no Casino de Navia, haberá actividades abertas ao público: 18:00 h – Recital “Poesía que nos une escondida entre renglones”. 19:00 h – Encontro coa escritora Matilde Suárez, Premio “Ría del Eo”. A alcaldesa, Ana Fernández, destacou o compromiso de Navia por recuperar e poñer en valor o legado do poeta e consolidar o concello como referente cultural.



