O programa Pasatempos de Outono de Cervo contará con catro actividades esta fin de semana:
TALLER DE TEATRO INFANTIL: o 18 de outubro na Casa da Cultura de 16:30 a 17:30 h con inscrición previa. OCIOTECA: comeza o 19 de outubro na Casa do Mar de 12 a 13:30 horas. Nesta ocasión os nenos e nenas de primaria participarán na actividade “Expermientos tolos”, na que farán experimentos caseiros. Cada semana realizarán actividades diferentes. Con inscrición previa. ENCONTRO ABERTO DE MÚSICA PARA MOZOS tamén o 19 de outubro na Casa do Mar ás 20 horas. Os mozos artistas ou grupos musicais xuntaranse para compartir experiencias ao redor da música. Con inscrición previa. “A MIÑA SOGRA É INCRIBLE”: representación teatral a cargo da compañía A Rabela o 20 de outubro na Casa da Cultura ás 19 horas.