Este mércores 30 de outubro, ás 20:30 horas, no IES María Sarmiento, remata o ciclo de cine euroárabe coa proxección da película que obtivo o premio Amal-2012 á mellor longametraxe documental. Dura 93 minutos e está dirixida por Jerôme le Maire. “Le thé ou l´electricité” é a historia da modernización dunha pequena vila no corazón do Alto Atlas marroquino. No proceso enfróntanse dúas visións de futuro: mentras uns pensan que o progreso pasa pola construción dunha estrada, outros apostan pola chegada da electricidade. Axiña se decatarán do complicado que resultará chegar a un acordo. Jerôme le Maire é un guionista e cameraman belga. É tamén o director do longo de ficción “Le Grand´ Tour” (seleccionado no Festival de Rotterdam e en Cannes ) e do documental “Où est l´amour dans a palmeraie?” nomeado nos European Academy Awards premios ARTE.
Remata o ciclo de cine euroárabe en Viveiro
Remata o ciclo de cine euroárabe en Viveiro
Relacionado
-
“Non é posible un acceso seguro a un dos lugares máis emblemáticos do noso pobo: a Ribeira do Perdouro, Área Xeolóxica e praia?”, pregúntase O Vencello
-
A Asociación Esperanza de loita contra o cancro de Burela vén de poñer á venda a súa lotaría de Nadal deste ano 2025, en concreto o número 56.162
-
A praia dos Bloques de Ribadeo acolleu este xoves unha tarde de xogos na auga