O Deputado de Cooperación e Asistencia ós Concellos, Álvaro Santos Ramos, denunciou este martes que os 120.000 xubilados lucenses, coas pensións medias máis baixa en España, perderán 10 millóns de euros como mínimo no 2014 “cos novos recortes da dereita”. Santos Ramos fixo referencia “á decisión unilateral” do Goberno Central de non actualizar as pensións en relación ó IPC tampouco o vindeiro ano. “Hai que ter en conta que o IPC situouse en setembro no 1,2% e que as pensións só aumentarán nun 0,25%. É dicir, rebaixaranse nun 0,95% como mínimo, pois este indicador tende a incrementarse”, explicou o Deputado. Estes datos tradúcense da seguinte maneira: un xubilado lucense cunha pensión media de 634 euros perderá polo menos 84 euros ó ano. (0,95%=6 euros ó mes x 14 pagas =84 euros ó ano x 120.000 xubilados =10.080.000 euros).
“A perda de poder adquisitivo dos maiores lucenses, que representan 1/3 da poboación da provincia, é maior aínda, tendo en conta que a dereita tamén lles obriga a pagar 11,5 millóns de euros ó ano polas súas menciñas”, subliñou o Santos Ramos. Co medicamentazo, un xubilado ten que aboar un mínimo de 8 euros ó mes polas súas menciñas. ( 8 euros ó mes x 12 meses x 120.000 pensionistas=11.520.000 euros anuais).
“Recortan as pensións, cobran polas menciñas, desmantelan a Lei de Dependencia… Así defende o Partido Popular ós maiores, ós que, durante en épocas electorais, lle di que son sagrados. As políticas da dereita son un claro exemplo de regresión social, que temos que combater con todos os nosos medios para non perder o que tanto tempo custou instaurar: o Estado do Benestar”, defendeu o Deputado.
Neste senso, Santos Ramos destacou que o organismo provincial está a construír en solitario a primeira rede pública de residencias e centros de día en Lugo logo de que a Xunta rexeitase colaborar porque dixo, textualmente, que estas dotacións “non son necesarias nin prioritarias” na provincia luguesa, a máis envellecida de Galicia. Da mesma forma, a institución asume, xunto ós Concellos, as Axudas no Fogar, xa que o Executivo autonómico suprimiu a súa achega ós municipios de menos de 20.000 habitantes, que en Lugo son todos menos o da capital.
Cursos gratuítos para maiores
Santos Ramos fixo estas declaracións tras o encontro que mantivo este martes cos participantes en Atrévete con Internet? Axudámosche. É un dos 15 cursos gratuítos que a institución ofrece ós maiores para mellorar a súa calidade de vida coas TIC dende o In Lugo, o 1º Centro de Innovación Social en Galicia. Trátanse de actividades formativas pensadas para aumentar a súa autonomía e potenciar as súas capacidades cognitivas e funcionais.
Co Atrévete con Internet? Axudámosche, no que máis dunha ducia de persoas cobren a cota de prazas, búscase que os participantes sexan capaces de conectarse a Internet por sí mesmos, saiban comunicarse de forma sinxela (correo electrónico), e atopar información útil no día a día: pedir cita para o médico de cabeceira, coñecer a previsión do tempo para a semana, consultar a programación de televisión, escribir a parentes, mandarlles a foto do neto na súa ausencia, atopar e participar nun torneo de cinquillo en liña, etc. Ademais, o feito de manexar un ordenador e Internet axuda ó mantemento das capacidades cognitivas: trátase dunha actividade na que se poñen en marcha moitas capacidades cerebrais. En definitiva, aumentar a autonomía persoal das persoas maiores a través das TIC.
Esta tarde, de 16:30 a 18:30 horas, outra decena de maiores participarán en Xogamos coa mente. Con esta actuación, preténdese empregar o ordenador e as múltiples propostas existentes na rede para a prevención do deterioro cognitivo. O uso de novas tecnoloxías permite a realización de actividades de estimulación cognitiva de xeito on-line, ou a través de programas e xogos que, de maneira gratuíta, se poden descargar no ordenador. As actividades a realizar neste taller son moi dinámicas, permitindo gran flexibilidade na planificación das mesmas. Deste xeito, poténcianse diversas capacidades cognitivas, por exemplo: Atención e concentración, Memoria, Funcións Executivas, Percepción e Recoñecemento, Linguaxe ou Cálculo. Os participantes neste taller sairán do mesmo coñecendo como usar o ordenador persoal, internet e moitas das múltiples propostas que se atopan on-line para aplicalas no seu fogar, mellorando así a súa autonomía persoal e previndo dentro do posible o deterioro cognitivo derivado da súa idade.
Máis cursos e prazas
Son un total de 160 as prazas gratuítas que ofrece ós maiores a Deputación coa vindeira celebración dos seguintes cursos: Obradoiro Aprende, comparte e retoca as túas fotografías; Organízate co teu móbil; Obradoiro Mantemos en forma o cerebro; Que podo facer co DNI-e?; Atréveste a decubrir o ioga? Comeza a practicalo coa Wii; O inglés e as tecnoloxías. Queres aprender?; Obradoiro Ximnasia mental coa tablet; Internet axúdache coas compras de Nadal; Obradoiro Xogamos co corpo; Ola, escóitasme? Deséxoche un feliz Nadal! (Uso do Skype); Avós e netos: aprendendo xuntos Seguridade Vial. Os interesados en participar, poden facelo a través da páxina www.deputacionlugo.org, na que atoparán máis información acerca de datas e horarios de celebración. Do mesmo xeito, poden poñerse en contacto no teléfono 982-225-186. Tendo en conta que as prazas son limitadas, as inscricións realizaranse por rigorosa orde de solicitude.



















Nesta edición, a programación céntrase na Idade Moderna en Galicia, combinando sesións teóricas no Real Seminario Conciliar de Santa Catalina con visitas guiadas por Mondoñedo e a súa comarca. O Concello destaca a excelente acollida desta iniciativa e anima a seguir promovendo actividades culturais deste nivel, posibles grazas ao compromiso da USC e ao apoio da Xunta de Galicia.
“A nosa provincia será un dos mellores lugares do mundo para ver este fenómeno e estamos a traballar para estar á altura”, valorou a mandataria provincial.
Categoría Infantil: 1º premio, Celia Blanco. 2º, Mara Blanco. 3º, Nuno Villares. Categoría Primaria: 1º premio, Laia Rodríguez. 2º, Paula Martínez. 3º, Jesús López e Samuel Riera (empate). Categoría Adultos: 1º premio, Unha receita para a felicidade, de Sonia Corral. 2º, O merodeador da néboa, de Manuel Fernández. 3º, Ou lobo ou o can, de Xolo. O Concello felicita a todas as persoas premiadas e agradece a participación de todas e todos os que fixeron deste certame unha auténtica celebración da lectura e da creación literaria.
O Deputado de Promoción Económica e Social, xunto ao Alcalde meirego e o músico berciano, presentaron no Pazo de San Marcos este concerto especial que acollerá a igrexa Monasterial de Santa María, o vindeiro 6 de agosto, ás 21:00 horas.
10:00 h: Apertura do mercado e Andaina histórica por Vilaronte con Moncho Ermida (dificultade baixa). 11:00–14:00 h: Experiencia a cabalo para nen@s (de balde). 12:00 h: Actuación da Charanga Os Sureños. 14:00 h: Sesión vermú con Super Glu. 16:30 h: Contacontos “Contamos contos de lobos” – Ghazafelhos. 18:00 h: Concerto de Tapa D’Orella. Durante a mañá haberá demostración de coiro. Pulpería Suso servirá churrasco, polbo e xamón. Organiza: O Atrio Colaboran: Concello de Foz, Xunta de Galicia, Área de Cultura da Deputación, Centro AD e Fiore Tondo.
Será o sábado 9 de maio ás 20 horas na Casa da Cultura. Homenaxeado: Xesús do Breogán, pola súa contribución á cultura e ao concello. Organiza: Son’s Varadero Foz. Colabora: Concello de Foz
A artista Catuxa Salom presentará o seu espectáculo o sábado 30 de maio, ás 22:30 horas. O concerto forma parte da programación cultural apoiada pola Xunta de Galicia, Xacobeo 2027, Artye e Urdime. As entradas están dispoñibles de maneira anticipada por 12 euros, mentres que na billeteira do recinto terán un prezo de 15 euros. A venda anticipada realízase a través da plataforma Woutick.



