Ribadeo, 8 de outubro de 2013. Este martes foron os nenos e nenas de 6º de primaria do CEIP Gregorio Sanz os que acudiron a limpar o río en Ribadeo. O alcalde, Fernando Suárez, explicou que “outro día máis desde o Concello, a través da Área de Medio Ambiente, estamos estreitamente a traballar cos máis novos, cos rapaces e coas rapazas dos colexios da nosa localidade en tarefas de limpeza de ríos, desde os puntos de vista educativo e formativo”.
O rexedor dixo que “con esta experiencia os máis pequenos están a ver como moitas veces no río hai cousas que non debería haber como plásticos, botellas, bricks, ferralla, chatarra de coches, tal e como puidemos ver no día de hoxe. Isto tamén é un exemplo para outra cidadanía, os máis grandes, os que tiran iso no río, para dicirlles que si o río é de todos debemos conservalo ben entre todos. Os nenos estes días están a limpar o que outros tiraron certo tempo atrás”.
A Fernando Suárez parécelle “fabuloso esta actividade que estamos a realizar e á que nos está a axudar tamén a Deputación de Lugo a levala adiante. E despois de cada limpeza os nenos e nenas, agora estamos no parque de Cedofeita, comendo un bocata e repoñendo forzas despois dunha dura mañá de traballo”. Nestas tarefas participaron o alcalde e o concelleiro de Medio Ambiente, Horacio Cupeiro.





















Estes recitais, protagonizados por músicos da contorna, nunca defraudan. Sen grandes nomes internacionais, pero cunha sensibilidade musical exquisita, ofrecen sempre unha experiencia artística de gran calidade. Por iso, quen asista gozará dunha nova xornada dentro do Programa Adral, que a Xunta de Cofradías promove con tanto entusiasmo.
O Concello destaca a oportunidade que supón para impulsar a hostalaría local e felicita ás persoas galardoadas pola súa contribución á gastronomía asturiana.
Este texto é o froito de varios anos de investigación e convida profesionais da educación, terapeutas e persoas curiosas a descubrir como o traballo coa arxila libera traumas e favorece unha transformación persoal profunda. Ao remate do acto servirase un viño e un pequeno petisco.
A continuación, as persoas que desexen continuar a conversa e compartir un tempo de convivencia poderán anotarse á comida que se celebrará na Casa da Penela.
Pasados dez minutos das 15 horas deste martes, un particular alertou ao 112 Galicia dun coche envorcado fóra da vía en San Martiño de Ferreiros, Pol. Aconteceu no quilómetro 3 da LU-750, e a única persoa implicada permanecía atrapada no interior. De inmediato, desde o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias activouse un operativo no que participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, os Bombeiros de Vilalba, a Garda Civil de Tráfico e os servizos de mantemento da estrada. Os bombeiros actuaron para liberar á persoa, que foi evacuada en ambulancia polos profesionais sanitarios desprazados ata o lugar.
Unha comedia orientada para público infantil escrita e dirixida por Bea Campos. Hora: 18h.
O investigador achegarase a Ribadeo para falar sobre Urraca, considerada por moitos a emperatriz de todos os galegos e galegas. A entidade xa coñece o bo facer de Picallo, pois en anteriores ocasións participou como ilustrador nas presentacións das novelas Ao sur da liberdade e Entre a vontade e o destino, de Xosé Henrique Costas, deixando unha excelente impresión. Nesta ocasión, o público poderá escoitar ao Picallo historiador, que achegará novos datos sobre o reino de Galiza, unha realidade histórica que durante anos permaneceu agochada e que hoxe se recupera grazas a publicacións e investigacións como a súa.



