O Club Deportivo Básico “Marqués de Casariego” de Tapia organiza dúas actividades para esta fin de semana. Por unha banda, a sección de micoloxía realizará o sábado unha saída ao monte na procura de setas partindo da cancha do instituto de Tapia ás 09:00 horas. Os cogomelos recollidos empregaranse na degustación que se celebrará o venres 1 de novembro. O prezo de inscrición é de 12 euros, 5 euros para os socios e 3 para os socios colaboradores. E, por outra banda, o domingo 20 do mesmo mes o grupo de montaña participará no Encontro Sendeirista Astur-Galaico en Valdés. A saída para realizar esta ruta circular de 18 quilómetros de distancia e dificultade moderada realizarase ás 09:00 horas dende Tapia. Os prezos de inscrición son os mesmos que para a recollida de setas. Os interesados poden informarse e inscribirse antes do xoves 17 de outubro nos teléfonos: 689 175 515 (José Luis), 659 000 707 (Rafa) ou 608 540 828 (Eva).
Tapia entre as setas e o Encontro Sendeirista Astur-Galaico en Valdés
Tapia entre as setas e o Encontro Sendeirista Astur-Galaico en Valdés
Relacionado
-
A deputada de Cultura, Iria Castro, e o deputado de Rural, Mar e Mocidade, Daniel García, asistiron este luns en Mondoñedo á inauguración da rúa Andrea López Chao en homenaxe á mestra mindoniense, pioneira na loita polo dereito das mulleres á educación e á saúde na emigración galega en Cuba
-
A obra teatral Zozobra chega a Vilalba a través do programa “Escena Camino Norte” e a área de Cultura
-
Mariña Gueimunde, alcaldesa de Viveiro, asistiu este domingo á ofrenda á Virxe dos Remedios en Mondoñedo, un dos actos relixiosos e culturais máis relevantes da Mariña e da provincia