O vindeiro sábado 26 de outubro terá lugar a representación teatral da obra “Non son D’acó (nin D’acolá)” da compañía Do Miolo e Cía, enmarcada dentro do Circuito Buxiganga no Centro Sociocultural das Rodrigas a partir das 21.00 horas.A obra sitúanos en Pena da Moura, desolada terra que vén ser a herdanza de Lola, que leva vinte anos en Bos Aires levando, morriñenta, o quiosco que montaran os seus defuntos pais, á porta do estadio de Boca Juniors, e tocando o contrabaixo nun grupo de Tango. Coa escusa de amañar os papeis da súa herdanza, Lola convence os seus amigos para vir a Galiza a gravar un disco.
Teatro nas Rodrigas
Teatro nas Rodrigas
Relacionado
-
Falece un motorista en Lugo
-
O grupo dos maiores de Cervo Concilia fixo este mércores unha saída á praia para recoller tesouros naturais: cunchas, area, pedras e outros materiais especiais
-
O alumnado de 6º curso de Educación Primaria do Colexio Sagrado Corazón, de Ribadeo, celebrou cun evento o seu paso á ESO