O Burela FS Pescados Rubén vivirá este mércores unha xornada atípica entre semana, coa visita na sexta xornada á pista do Umacón Zaragoza. O pavillón Siglo XXI acollerá a cita ás 21.00 horas.
O cadro laranxa afronta o compromiso lonxe da casa moi motivado e co firme propósito de dar continuidade aos tres importantes puntos recollidos a fin de semana, con H. Llevant Manacor (7-6). “A vitoria ante Manacor foi moi importante para liberar ao grupo dalgúns síntomas de ansiedade. Temos que seguir traballando para mellorar, sobre todo en tranquilidade e paciencia, no aspecto ofensivo; estamos xogando con algunhas revolucións de máis que nos impiden ter maior claridade en ataque. En defensa, debemos corrixir certos desaxustes que nos están custando goles evitables” analizaba así o adestrador, Juanlu, o sopro de aire fresco que supón o seu recente triunfo para darlle confianza ao cadro.
O obxectivo principal dos mariñáns é darlle continuidade a estas boas sensacións, sobre todo antes da visita do gran campión, FC Barcelona (sábado 19, 18.30 horas), aínda que tamén son conscientes de que o rival lles ourtorgará o papel de actores protagonistas. “Ata agora, excepto ElPozo Murcia, todos os equipos estannos esperando para buscar o contragolpe como idea inicial e a responsabilidade de levar a iniciativa é para nós. En Zaragoza esperamos que se repita esta liña”.
En fronte terán a un conxunto desexoso de coñecer a vitoria. Ata o momento só puido subir 1 punto á súa cuadrícula, na primeira xornada con empate 4-4 lonxe da casa con Jaén Paraíso Interior. “Será un partido complicado xa que terán moitas ganas de lograr a súa primeira vitoria, xogan na casa e non será sinxelo aínda que confiamos plenamente en lograr o triunfo” explicaba Juanlu, destacando entre as súas fortalezas a Retamar: “É a referencia do equipo e quen marca o pulso do seu xogo”.
O técnico laranxa poderá contar con todos os seus efectivos, a excepción de Hugo, que cumprirá o seu segundo partido de sanción. Edu, Mimi, David Burrito, Iago Míguez, Isi, Juanma, Matamoros, Christian, Álex, Carlitos e Antoñito compoñen a expedición que partiu esta mañá cara a terras mañas.
Venda anticipada. O Burela FS Pescados Rubén xa ha habilitado a venda anticipada para o segundo Día do Club. As persoas interesadas poderán retirar as súas entradas por adiantado ata o venres na sede do club laranxa (10.00-14.00 // 16.00-19.00). O sábado, en Vista Alegre, estarán dispoñibles desde as 17.30 horas, con taquillas diferenciadas para socios e o resto do público.
PREZOS PARA SOCIOS
Maiores de 14 anos: 5 euros
De 0 a 13 anos: 1 euros
PREZOS PARA NON SOCIOS
Maiores de 14 anos: 20 euros
De 0 a 13 anos: 3 euros
























Afectarán aos seguintes servizos: Piscina: pechada. Duchas dos vestiarios: pechadas. Ximnasio e actividades en seco: abertos no horario habitual. O Concello agradece a comprensión da cidadanía.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.
Será na Igrexa de Santa María ás 20:30 h. Debido ao aforo limitado e ao cumprimento da normativa vixente, editaranse entradas que se repartirán no acceso da igrexa o propio día do concerto, onde tamén se realizará o control de acceso.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.
As deputadas do PP lucense no Parlamento galego, Raquel Arias e Nicole Grueira, e a alcaldesa de Cervo, Dolores García, mantiveron na localidade un encontro con mulleres vinculadas ao sector do mar co obxectivo de visibilizar e poñer en valor o seu papel fundamental na economía mariñeira e na vida das vilas costeiras. A reunión serviu como espazo de diálogo e recoñecemento ao traballo que durante anos desenvolveron mariscadoras, redeiras e outras profesionais do sector. As populares manifestaron a súa defensa da igualdade e aseguraron que “sen as mulleres o sector do mar non se atende”.
Será na Explanada do Círculo Habanero, en carpa climatizada. Programa: 13:30: Sesión vermú con Dúo Puma. 14:30: Xantar (fabada, costela con patacas, sobremesa, café e bebida). Prezos: Socios 20 €. Non socios 30 €. Nenos 6–12: 15 €. Menores de 6 anos: gratis. Entradas: domingos 15 e 22 de marzo, de 11:30 a 13:30 no Local Social. Contacto: 682 06 57 07
A feira instalarase na Praza da Constitución e contará con showcookings, catas, música en directo e actividades para todos os públicos. O sábado haberá demostración culinaria con Marcos Pereiro, sesión vermú, talleres infantís e concertos de 9Louro e Mondra. O domingo incluirá showcooking de Miguel Mosteiro, novas catas e a tradicional sesión de baile no Centro Cultural.
